Dende a Estación
Fitopatolóxica do Areeiro preténdese dar a coñecer os
cultivares da colección da Deputación a todos os concellos da
provincia, promovendo a creación de rutas polos xardíns que
constitúen verdadeiras Aulas Didácticas para nenos. Nestes
xardíns poderán estudar non soamente a camelia como tal,
senón utilizala como un vehículo para coñecer o mundo
vexetal e valorar o noso patrimonio natural. Neste sentido temos a
disposición de todos os colexios provinciais unha serie de fichas
didácticas e póster para facilitar esta tarefa.
|