Os espazos verdes das cidades proporcionan un conxunto de
beneficios para os seus habitantes que son incuestionables: fornecen
osíxeno, reteñen contaminantes e outras substancias nocivas,
melloran a estética.... Dentro destes espazos, as árbores son
probablemente o elemento principal, e malia isto non sempre reciben a
atención precisa, cando son bens que tamén requiren de coidado e
mantemento. Por isto, é necesario coñecer os riscos que poden
afectarlles e que derivan non só da presión inherente á
súa situación (compactado do solo, etc.), senón que
tamén poden sufrir os ataques de diversos axentes bióticos que,
de non ser controlados, poden chegar a comprometer seriamente a súa
saúde e estabilidade.