|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
12/04/2017
VIÑA Estado fenológico:
F (acios visibles) -
G (acios separados)
|
Mildio |
No aviso extraordinario de onte alertabamos da aparición das primeiras manchas de mildio nunha viña do concello de Cambados e anunciabamos que hoxe mércores 12 comentariamos se apareceran outros sÃntomas na revisión das nosas fincas de seguimento que estabamos facendo nese momento. Pois ben, efectivamente atopamos unha MANCHA DE ACEITE na nosa parcela de seguimento de Barrantes (nunha folla próxima ó solo dunha planta nova que tiña gromos longos), e outra na viña de Areeiro (na base dunha vara de aprox. 60 cm de longo). As manchas non presentaban esporulación a ollo nu, pero puidemos observar cunha lupa de peto que en ambos casos se estaba iniciando. Dáse a circunstancia de que, ó marxe das choivas que se rexistraron na provincia a finais de marzo, na estación meteorolóxica de Barrantes da rede de Meteogalicia, desde a noite do dÃa 6 véñense recollendo temperaturas medias do orde de 10-12ºC (ou mesmo 13ºC) xunto a humidade foliar, o que sen dúbida explica alà a aparición das primeiras manchas da campaña, xa que tamén a viña de Cambados atópase cerca da nosa de Barrantes (en San Adrián de Vilariño). Sen embargo, en Areeiro as condicións para a infección primaria non foron tan claras, o que pon de manifesto o valor das revisións ás parcelas.
No resto de fincas non atopamos sÃntomas, e tampouco nas estacións meteorolóxicas consultadas do seu entorno se deron conxuntamente as condicións mencionadas en Barrantes, xa que ou ben só se produciron temperaturas medias altas (con rexistros de ata 17ºC) ou ben houbo humidade foliar pero con temperaturas máis baixas, inferiores a 10 ºC.
Debido á aparición destas manchas, se non se fan as convenientes revisións ó viñedo será recomendable aplicar un tratamento, que deberá ser realizado tanto máis pronto canto máis receptiva sexa a viña, é dicir, canto mais longos teña os gromos. Como todos sabemos, a estas alturas da campaña aÃnda se observan fincas onde as plantas apenas están desenvolvidas e presentan gromos de lonxitude máxima 4-5 cm; nestas parcelas poderase retrasar máis a intervención, pero tendo en conta que as previsións meteorolóxicas anuncian, a dÃa de hoxe, certa precipitación a partir do martes 18.
Agora que as plantas non cobren aÃnda as estruturas de condución, lembren que o volume de caldo debe ser baixo e as boquillas axeitadas para reducir a deriva do tratamento, que levarÃa o produto fóra da zona a tratar, co que non só se poderÃan producir danos para a saúde das persoas e do medio ambiente senón que se perderÃa eficacia na intervención
Ademais, de nada sirve facer un tratamento oportuno e ben aplicado se non se mantén ben segada a vexetación herbácea das vides. Manter a aireación das viñas é fundamental, sobre todo nestes primeiros momentos de campaña, e aÃnda se observan fincas onde as adventicias acadan máis altura que as plantas
|
OÃdio |
AÃnda que xa se empezan a mirar sintomas en plantas ou cultivos especialmente sensibles a esta enfermidade (roseiras, carballos, maceiras...) aÃnda é cedo para que aparezan nas nosas viñas. Non é preciso tratar.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Xa é bo momento para instalar as trampas de feromonas para o seguimento das súas poboacións, polo menos nas parcelas máis adiantadas, aÃnda que lembren que a primeira xeración destas pragas non soe tratarse.
|
Pedroulo e outros gurgullos |
AÃnda que non os atopamos en ningunha das nosas parcelas de seguimento, si nos informaron da aparición de adultos en diferentes zonas dalgunhas viñas. Co desenvolvemento da vexetación e desde agora xa nos viñedos máis adiantados, non é probable que causen, en xeral, danos. Nos máis atrasados, continuar a vixilancia.
|
Outros |
Esta semana xa se observan menos indicios de alimentación de lepidópteros ou sÃntomas de erinose debido ó crecemento dos gromos. Tampouco nesta semana observamos mais adultos de Altica na finca de O Condado onde os detectaramos a semana anterior.
|
MACEIRA |
Moteado |
Non atopamos os primeiros sÃntomas nas nosas parcelas de seguimento, onde as plantas amosan unha fenoloxÃa moi diferente segundo a variedade e/ou zona. Sen embargo, convén prestar atención a se efectivamente, como anuncian as previsións meteorolóxicas, se producen choivas desde martes.
|
OÃdio |
Apenas notamos variacións na presenza de gromos afectados nas maceiras máis desenvolvidas.
|
Pulgóns |
Na nosa finca de Areeiro atopamos una colonia moi incipiente de pulgón lanÃfero e outra de pulgón cincento, polo que de momento é cedo para aplicar tratamentos.
|
Couza da mazá (Cydia pomonella) |
Nas parcelas onde a maiorÃa das plantas estean xa en floración ou iniciando o desenvolvemento do froito débense colocar as trampas de feromonas sexuais, que son fundamentais para facer un bo control desta praga.
|
Outros |
En algunhas plantas atopamos algún adulto de Rhynchites bacchus, vistoso escaravello que pode provocar caÃda prematura de froitos.
|
CERDEIRA |
Drosophila suzukii |
Nestes momentos de finalización da floración e de comezo da fase de crecemento dos froitos é conveniente instalar trampas para a captura desta mosca, cuxas larvas poden danar as cereixas (ademais doutros froitos como a uva, o kiwi, o melocotón, a fresa, etc) ó alimentarse da súa polpa e favorecer a entrada de diferentes podremias. As trampas pódense construÃr de xeito sinxelo con botellas plásticas (serven as de auga de 1,5 ou 2 litros) nas que se farán buracos de aproximadamente medio centÃmetro na parte superior e onde se verterá vinagre de mazá preferiblemente (servirÃan outros atraentes alimenticios). Hai que ter en conta que non son trampas especÃficas, polo que capturarán máis especies de insectos.
|
Mosca da cereixa |
Tamén se poden instalar xa as trampas amarelas coa feromona desta outra especie nociva, que algúns anos provoca perdas na froita.
|
PATACA |
Mildio |
En caso de producirse as precipitacións que se prevén a partir do martes será necesario prestar moita atención á aparición desta enfermidade (ou ben aplicar un tratamento preventivo antes de que se produzan as choivas).
|
CARBALLO |
Operophtera brumata |
Novamente temos que falar das eirugas desta especie de lepidóptero que están a aparecer en diferentes carballeiras da nosa provincia, do mesmo xeito que ocorreu no mes de abril dos dous últimos anos. Nalgúns casos aÃnda se detectan de xeito puntual, pero noutros xa están causando serias defoliacións, mesmo para xa observar algunhas árbores sen follas. Para protexer estas árbores, e no caso en que a altura e porte dos mesmos o permita, recoméndase unha aplicación insecticida con aceite de parafina, Bacillus thuringiensis kurstaki, deltametrin, diflubenzuron ou tebufenocida.
|
|