|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
26/05/2017
VIÑA Estado fenológico:
I (floración)
- J (callado da uva)
|
Mildio |
Especialmente desde o martes dÃa 23 as temperaturas nocturnas teñen sido anormalmente altas (mesmo por riba dos 21ºC -rexistrados por exemplo na estación meteorolóxica de Meder-, aÃnda que con valores máis repetidos de 17-18ºC) e tamén ten habido certa humidade foliar (algún dÃa e nalgunha estación durante un tempo superior a 4 horas). Pero tamén sabemos que o martes se acadaron rexistros máximos por riba de 30 ºC durante boa parte do dÃa (máis de oito horas nalgunhas localizacións). Por outra banda, desde onte xoves 25 rexÃstranse tormentas locais de diferente intensidade acompañadas das temperaturas altas que soen ir asociadas a elas.
Na visita do mércores 24 ás fincas da nosa rede de seguimento e a outras que tamén visitamos no noso percorrido semanal puidemos comprobar que nas plantas tratadas non apareceran novos sÃntomas da enfermidade, nin sequera máis que de xeito esporádico nas plantas que mantemos sen tratar, e que os sÃntomas antigos presentaban na maior parte a esporulación inviable ou escasa. Porén, desde ese dÃa, na revisión diaria á viña de Areeiro puidemos notar un avance significativo dos sÃntomas nas plantas sen tratamento, e xa apareceron os primeiros sÃntomas en acio nesas plantas. De feito, no captador de esporas que temos entre as filas sen tratar notouse un bo incremento da presenza de esporas.
AÃnda que as condicións de temperatura que se rexistraron estes dÃas nas horas centrais non foron favorables á enfermidade (e máis ben deberÃan ter freado as infeccións ao limitar a vitalidade dos esporanxios) a realidade é que a humidade relativa do aire tampouco foi baixa nas horas máis frescas, e ademais as tormentas que se están producindo implican condicións extremadamente favorables ao patóxeno a partir de agora. Por tanto, e tendo en conta que a uva se atopa nun momento moi sensible á enfermidade, é necesario tratar tan pronto o permitan as precipitacións.
No caso de ter tratado recentemente, aÃnda que teoricamente estea a viña protexida polo compoñente funxicida que non é de contacto, non esqueza que é fundamental comprobar a efectividade da intervención, confirmando que non aparezan novos sÃntomas e que nos antigos non aparecen zonas de avance
Naquelas viñas que presenten un exceso de vexetación débese ser máis coidadoso na aplicación para asegurar que o produto acade tamén os órganos que están máis encerrados na frondosidade
|
OÃdio |
Se na semana pasada observaramos o primeiro sÃntoma en albariño na nosa finca de Areeiro, nesta semana vÃmolo noutra das nosas parcelas (tamén unicamente nunha folla, como a semana pasada, non en acio). Na variedade tinta onde os detectaramos anteriormente, tamén apareceron novas follas afectadas. Polo tanto, se se aplica algún outro tratamento neste momento, pódese engadir un funxicida antioÃdio; nos demais casos so incrementar a vixilancia, xa que as choivas fortes que acompañan ás tronadas non favorecen ao fungo.
O risco débese estimar, ademais de polas condicións climáticas, segundo a situación da parcela (son máis sensibles as pouco aireadas), os seus antecedentes e a variedade de uva dominante. Canto ás condicións ambientais, o patóxeno ten un desenvolvemento óptimo a temperaturas de 25 a 30 °C, e a un 40 a 100% de humidade relativa. Choivas finas e luz difusa (por néboas ou nebulosidade) son favorables, e a partir de agora sabemos que entramos nun perÃodo no que soen ocorrer episodios con estas condicións
No caso de que houbese que realizar un tratamento e que volva a haber temperaturas moi elevadas (que non están previstas para os próximos dÃas), lembren que o xofre é fitotóxico a temperaturas superiores a 28-30 ºC
|
Botrite |
Non observamos sÃntoma algún desta enfermidade nas nosas parcelas de seguimento (tampouco as condicións favoreceron ata onte ao fungo). AÃnda asÃ, o incremento da humidade consecuencia destas tronadas incrementa o risco, en especial nas fincas onde aÃnda non se desprenderon os capuchóns florais. Por este motivo, convén revisar as viñas (sobre todo se hai variedades sensibles) despois destas choivas para comprobar o estado dos acios: si se observa o micelio do fungo haberá que tratar.
|
Black rot |
Nunha única folla dunha das nosas parcelas de seguimento de O Condado observamos o primeiro sÃntoma da enfermidade nunha folla.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Seguimos tendo capturas puntuais de machos de Lobesia botrana (de Eupoecilia ambiguella aÃnda non recollemos ningún individuo) nas trampas dalgunhas parcelas (noutras non houbo capturas). Iso si, aumentou lixeiramente o número de glomérulos que atopamos.
|
Cicadélidos |
O número de adultos recollidos nas trampas segue sendo reducido, aÃnda que se observaron máis larvas nos controis ao envés das follas. En calquera caso, o seu número é moi baixo e non é necesario tratar.
|
Altica |
Nesta semana só observamos máis sÃntomas nalgunhas follas da finca de O Condado onde os toparamos anteriormente; en Areeiro non houbo variación canto á presenza deste esfollador.
|
Ãcaros |
Nesta semana non observamos máis sÃntomas na parcela de O Condado onde hai dúas semanas atoparamos os primeiros dous exemplares de Calepitrimerus vitis (nas demais fincas continúa sen rexistrarse presenza do ácaro). Pola súa banda, volven a observarse novos sÃntomas de erinose mesmo nos gromos terminais, o cal non é frecuente a estas alturas da campaña.
|
Outros |
Nesta semana volvemos a observar sÃntomas de alteracións da madeira nalgunha parcela, sen dúbida a consecuencia do estrés derivado das temperaturas altas rexistradas. Nunha finca mesmo atopamos secado dalgúns brazos. No caso de que o sÃntoma estea restrinxido, pode procederse despois da floración (e en tempo seco) a unha poda do brazo afectado, desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é asÃ, aconséllase que xa se proceda ao marcado das plantas pensando en telas ben identificadas para o seu tratamento diferenciado no momento da poda invernal.
|
Nunha das nosas parcelas de seguimento de O Rosal levamos xa máis de dous anos observando nas follas os sÃntomas caracterÃsticos dunha praga menor que é un pequeno dÃptero cecidómido chamado Janetiella oenephila. A semana pasada recibimos na Estación unha mostra de O Salnés con eses sÃntomas, e hai uns dÃas unha consulta dunha finca de Rianxo (A Coruña) onde tamén se observan, polo que parece que se está a estender nas nosas viñas. Os sÃntomas (ver fotos) concéntranse nas follas e son pequenas bugallas circulares de 2-4 mm de diámetro, duras, visibles por face e envés da folla, de cor verde inicialmente e despois granate-marrón. Estas pequenas bugallas levan dentro as larviñas de cor laranxa-rosado da especie. O sÃntoma é bastante visible pero en ningún paÃs no que está presente este insecto (os paÃses do sur de Europa e TurquÃa ou LÃbano) tiveron importancia económica, polo que non é preciso aplicar tratamentos, que ademais tampouco serÃan eficaces unha vez as bugallas están formadas (serÃan efectivos fronte aos adultos, que aparecen máis dun mes antes). Non son o mesmo, pero poderÃan nun momento dado confundirse con sÃntomas de erinose ou mesmo de filoxera, polo que aportamos unha táboa na que se reflicten as diferenzas:
Axente causal
|
SÃntomas
|
Imaxes
|
Erinose
(Colomerus vitis)
|
A face da folla aparece inchada en pequenas bugallas. No envés hai desenvolvemento exaxerado dos pelos da viña, que primeiro se miran brancos e despois acastañado ou granate
|
|
Filoxera
(Daktulosphaira
vitifoliae)
|
Bugallas saÃntes e con protuberancias no envés da folla que se corresponden na face cunha simple cicatriz
|
|
Janetiella oenephila
|
Bugallas pequenas e circulares nas dúas caras da folla (máis sÃntomas no texto)
|
|
|
MACEIRA |
Moteado |
O risco de infección será relativamente elevado a partir de agora debido ás choivas que se están a producir. Polo de agora nos non atopamos sÃntomas, nin nas nosas parcelas de seguimento nin noutras que revisamos, pero tamén é certo que non temos variedades especialmente sensibles.
|
OÃdio |
Na variedade Golden da nosa finca de Areeiro observamos sÃntomas viables en moitos gromos, pero imos comprobar a evolución da enfermidade despois destas choivas fortes que se están a rexistrar, xa que non lle son favorables.
|
Pulgóns |
Nas nosas parcelas de seguimento a presenza de colonias mantivose nesta semana en niveis estables.
|
Couza da mazá (Cydia pomonella) |
Se na semana anterior non tiveramos capturas nas trampas das nosas parcelas de seguimento, nesta semana na de Areeiro se superou claramente o limiar de machos recollidos. Con todo, e como non miramos aÃnda os primeiros sÃntomas, imos deixar evolucionar as poboacións de xeito natural.
|
MARMELEIRO
|
Entomosporium maculatum |
Empezamos a observar nas follas as manchas caracterÃsticas deste fungo. Coas condicións favorables (humidade e temperatura) que hai desde onte poden aumentar a súa incidencia. Por este motivo hai que incrementar a vixilancia e, no caso de que as manches continúen evolucionando, aplicar un tratamento (consulten aos técnicos) para evitar a defoliación prematura das árbores que levarÃa asociada a falta de maduración dos marmelos.
|
PATACA
|
Mildio |
Lembren que despois choivas e en tempo máis seco increméntase a evaporación da auga do solo e isto supón un ambiente moi favorable ao patóxeno polo que despois deste episodio de tronada haberá que renovar os tratamentos.
|
Escaravello da pataca |
En fincas non tratadas empezan a observarse larvas deste insecto esfollador
|
BUXO
|
Cydalima perspectalis |
Nesta semana observamos varias postas do insecto (costa moito detectalas, pois os ovos son moi pequenos, medindo cada un 1 mm) e tamén novos adultos nalgunhas sebes. Ademais, de todas as postas detectadas xa habÃa unha que eclosionara, e tamén observamos as primeiras larviñas. Dados os graves danos que xa produciron na primeira xeración é necesario tratar.
|
AMENEIROS E SALGUEIROS
|
Insectos esfolladores |
Nalgunhas zonas parece, a certa distancia, que estas especies de árbores están a secar por presentar as follas dunha cor marrón. Estes sÃntomas poden ser debidos a patóxenos do solo ou a outras causas como pode ser a especial climatoloxÃa deste ano. Non obstante nalgúns casos podemos observar que se deben ao ataque destes insectos. No Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio o único produto insecticida autorizado en especies frondosas é o "aceite de parafina 100% [UL] P/P" (lÃquido para aplicación por ULV), polo que calquera potencial intervención deberase realizar con este produto, respectando obviamente as especiais condicións de aplicación de fitosanitarios para os espazos onde adoitan estar estas especies vexetais (ribeiras de rÃos etc.).
|
|