Cristina Pintos Varela, Cristina Rial
Martínez, Olga Aguín Casal, José Pedro Mansilla
Vázquez, Aitana Ares Yebra
Deputación Pontevedra, Estación
Fitopatolóxica do Areeiro, Subida a la Robleda s/n, Pontevedra, Spain,
36153
RESUMO: Este traballo
constitúe a primeira referencia do fungo Phytophthora alni
subsp. uniformis en Alnus glutinosa en España.
Trátase dunha subespecie que afecta exclusivamente ao xénero
Alnus e que xunto con P. alni subsp. alni, detectada en
Galicia no ano 2009, e P. alni subsp. multiformis, está a
ocasionar danos importantes nos ameneiros europeos, principalmente en zonas de
ribeira. Os síntomas que provocan asociados á enfermidade son
decaemento da parte aérea e presenza de exsudados no tronco, que poden
chegar a causar a morte da árbore.
No presente traballo
detállase a identificación en Galicia a beiras do río Deza
ao seu paso por Sillleda (Pontevedra) e por primeira vez en España,
desta nova subespecie de fungo, facendo unha descrición tanto
morfolóxica coma molecular. Comprobouse así mesmo a súa
patoxenicidade inoculando un illado sobre plantas en maceta de A.
glutinosa.
|