|
|
DETECCIÓN DE Cylindrocladium
buxicola Henricot EN GALICIA.
Cylindrocladium buxicola, incluído ata novembro de
2008 na lista de alerta da EPPO (European Plant Protection Organization),
provoca unha importante enfermidade foliar que afecta a diferentes especies de
Buxus sendo especialmente sensible Buxus sempervirens cv.
Suffruticosa. O fungo foi identificado ata a data en diversos países
Europeos e en Nova Zelandia, pero ata o momento non se detectara a súa
presenza no noso país. A primeira detección do patóxeno en
España faise en Galicia en setembro 2008 no noso laboratorio (EFA), sobre plantas en
contendor de Buxus spp. procedentes de viveiro non detectándose
ata o momento sobre plantas de buxo dos pazos e xardíns galegos.
Os síntomas da enfermidade son manchas
circulares ben definidas e escuras na cara e no envés das follas
así como liñas negras lonxitudinais nos talos. Se o ataque
é grave prodúcese unha forte defoliación. Sobre as manchas
foliares e nos ramiños poden observarse as frutificacións do
fungo constituídas por conidioforos ramificados portadores de conidios
cilíndricos característicos do xénero. A
identificación da especie realizouse por técnicas
morfolóxicas e moleculares seguindo a primeira descrición da
mesma feita por Henricot e Culham no ano 2002.
|
|
|
Síntomas en
boj
|
|
Inoculación de C.
buxicola
|
Aspecto
sobre ramiños
|
|
Clamidosporas
|
Conidioforo |
|
Conidios e vesícula |
|