UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Información Fitosanitaria » Primeiras Deteccións - Phytophthora alni subsp. alni |
|
DETECCIÓN DE Phytophthora alni
subsp. alni EN ESPAÑA. Cítase unha nova especie de Phytophthora identificada morfolóxica, fisiolóxica e molecularmente, por primeira vez sobre Alnus en España: Phytophthora alni subsp. alni Brasier & S.A. Kirk (Plant disease, 94 (2): 273) En xullo de 2009, a EFA detecta Phytophthora alni subsp. alni, nunha mostra de ameneiro procedente dunha zona de ribeira (Rio Avia, Ourense) con síntomas de decaemento. Trátase dunha especie de Phytophthora bastante agresiva, que provoca podremias radiculares e de colo a diferentes especies de Alnus situadas fundamentalmente en bosques na ribeira. O fungo, citado en numerosos países europeos, sendo especialmente agresivo en Gran Bretaña, non se identificara en España ata a data, aínda que os seus síntomas, entre os que se poden citar: follas amarelas, pequenas e escasas e exsudados na parte baixa do tronco, que poden acadar dous ou tres metros de altura, foran descritos en ameneiros situados nas ribeiras de numerosos ríos da cornixa Cantábrica. Tras unha mostraxe detallada en toda a comunidade autónoma galega, o patóxeno foi detectado nas catro provincias.
|