Inauguración das exposicións conmemorativas dos 25
anos de Areeiro no pazo provincial da Deputación
Nota de prensa e
fotografías sobre a inauguración das exposicións
conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no pazo provincial da
Deputación
A exposición "Areeiro, 25 anos
contribuíndo ó agro: Ornamentais", foi inaugurada onte por D.
Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, nun
acto celebrado no pazo provincial que foi presidido ademais por Dña.
Teresa Pedrosa, Vicepresidenta da Deputación e Responsable da Finca
Areeiro, e D. José Balseiros, Presidente da Comisión Informativa
de Desenvolvemento Agrogandeiro. Durante o mesmo, o Dr. D. Pedro Mansilla,
Enxeñeiro Xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Deputación,
impartiu unha conferencia sobre a labor da Estación
Fitopatolóxica durante os seus 25 anos de existencia, e explicou os
servizos e as actividades das distintas Seccións do Centro.