|
Viña
|
|
|
|
Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, CÃtricos, Boj e HortÃcolas
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
|
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
|
|
|
|
Camelia
|
|
|
|
Avispa Asiática
|
|
|
|
Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
|
|
|
|
Viña, Pataca e Tomate
|
|
|
|
Viña, Pataca e Tomate
|
|
|
|
Viña, Maceira, Citricos, Carballo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Citricos, Carballo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
|
|
|
|
Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia,
Palmeria, Piñeiro
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
|
|
|
|
Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro,
Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
|
|
|
|
Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
04/02/2014
Somos conscientes de que as continuas borrascas que nos
afectan dificultan ou impiden a realización dos labores que recomendamos nos
avisos desta época. Emitímolos a modo de recordatorio á espera dunha climatoloxía
máis favorable
|
VIÑA |
Enfermidades da madeira: |
A poda da viña, e de calquera especie leñosa, debe realizarse en tempo seco,
especialmente naquelas plantas das que se sospeite que están afectadas por fungos
da madeira. A maioría dos viticultores xa a efectuaron, pero aqueles que non o fixeron
poden esperar a realizala máis adiante. Lembren sempre a importancia de desinfectar
as ferramentas de poda (máis nestas condicións de humidade), aplicar mástic con
funxicidas nos cortes maiores e eliminar os restos, xa que a súa incorporación pode
favorecer a entrada de Armillaria ou das patoloxías asociadas á madeira, entre outros
parasitos.
|
FROITEIROS DE PEBIDA E KIWI |
Precaucións na poda-patóxenos da madeira: |
Tamén os froiteiros deberían podarse en tempo
seco para dificultar a entrada de fungos patóxenos a través dos cortes. Aínda pode demorarse
este labor á espera de mellor tempo, especialmente se as árbores presentan madeira seca por
cancro, bacteriosis (no kiwi) ou outros patóxenos. As recomendacións achegadas para a viña
son, en todo caso, de aplicación tamén ós froiteiros.
Ademais, é moi conveniente a aplicación de tratamentos cúpricos en
canto se poida para reducir o nivel de inoculación de varios patóxenos de cara á próxima
tempada e protexer as feridas de poda. Esta recomendación, válida para todas as especies,
é particularmente importante no kiwi, debido á gravidade das bacterioses
|
CÍTRICOS |
Phytophthora spp: |
A auga líquida (choiva, humidade foliar, etc.)
é fundamental para o desenvolvemento destes fungos, polo que este inverno lles é especialmente
favorable. Por iso, convén facilitar a drenaxe da auga en arredor do colo das árbores,
recoller os froitos caídos no chan e os secos que permanecen na árbore, e
aplicar tratamentos con fosetil-Al 80% (que é sistémico, polo que non se lava coas
choivas) ou formulados de cobre sos ou combinados con outros funxicidas (consulte ós técnicos).
|
PEXEGUEIRO |
Lepra: |
Coa elevada humidade deste inverno haberá que
esperar unha alta incidencia desta enfermidade na próxima campaña. Por iso, tan pronto sexa
posible débese aplicar un tratamento cúprico. Ademais, este ano máis que nunca será
fundamental renovar a intervención máis adiante, no momento en que empecen a verse os pétalos
nas xemas florais (non máis tarde).
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Este ano non se observa unha elevada presenza de
bolsóns nos piñeirais nin noutras coníferas sensibles como os cedros. Con todo, nalgúns casos si
os hai. Lembren que estes bolsóns deben ser eliminados (CON TODAS AS PRECAUCIóNS POSIBLES
DEBIDO A QUE As EIRUGAS QUE SE ATOPAN NO SEU INTERIOR POSúEN PELOS URTICANTES) ou ben tratados
con insecticidas rexistrados (consulte ós técnicos).
|
INSECTO EN VIVENDAS |
Leptoglossus occidentalis: |
Continúan atopándose nalgunhas vivendas e
noutros espazos pechados adultos desta especie, que en realidade se alimenta dos piñeiros
(zume de brotes, piñóns e piñas en formación). Lémbrase que non son perigosos para as persoas
e que se introducen nas casas simplemente para refuxiarse do frío.
|
EQUIPOS DE APLICACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS |
Mantemento: |
Aproveitando a climatoloxía adversa para outras operacións é un bo
momento para pór a punto a maquinaria de tratamentos fitosanitarios e así non ter problemas
en plena campaña de aplicacións. Algunhas recomendacións básicas pódense ver no seguinte
consello.
|
|