|
Viña
|
|
|
|
Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, CÃtricos, Boj e HortÃcolas
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
|
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
|
|
|
|
Camelia
|
|
|
|
Avispa Asiática
|
|
|
|
Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
|
|
|
|
Viña, Pataca e Tomate
|
|
|
|
Viña, Pataca e Tomate
|
|
|
|
Viña, Maceira, Citricos, Carballo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Citricos, Carballo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
|
|
|
|
Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia,
Palmeria, Piñeiro
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
|
|
|
|
Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro,
Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
|
|
|
|
Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
07/03/2014
Co esperado cambio nas
condicións climáticas a maioría dos cultivos iniciará a súa brotación nos próximos días,
que será especialmente evidente de cumprírense as previsións meteorolóxicas que anuncian tempo
seco e temperaturas arredor dos 20 ºC.
Nesta campaña que se inicia hai que ter en conta que, do mesmo xeito que o ano anterior,
non se cumpriron, en xeral, os requirimentos de horas-frío dalgunhas especies froiteiras.
Cando isto acontece lembren que pode haber brotacións irregulares, falta de callado dos froitos,
menor produción, etc. Na seguinte táboa recollemos as horas-frío e os días de xeada rexistrados
nalgunhas estacións meteorolóxicas de Pontevedra entre outubro e febreiro deste ano (e os mesmos
valores para o inverno anterior no que, como se pode comprobar, houbo temperaturas máis baixas):
Localización |
INVERNO 2014 |
INVERNO 2013 |
Estación |
Concello |
Horas
frío |
Días
xeada |
Horas
frío |
Días
xeada |
Areeiro |
Pontevedra |
437.8 |
0 |
537.01 |
0 |
As Eiras |
O Rosal |
561.1 |
2 |
721.8 |
2 |
Areas |
Tui |
675.8 |
4 |
729.47 |
2 |
Barrantes |
Ribadumia |
616.4 |
11 |
871.17 |
10 |
Cequeliños |
Arbo |
875.2 |
9 |
945.45 |
3 |
Meder |
Salvaterra de Miño |
723.4 |
7 |
782.81 |
3 |
Soutomaior |
Soutomaior |
598.5 |
0 |
670.81 |
0 |
Tremoedo |
Vilanova de Arousa |
431.4 |
1 |
604.54 |
0 |
Tamén recollemos, a modo de curiosidade, as precipitacións rexistradas nas
mesmas estacións durante o período considerado (fonte destes datos: Meteogalicia):
PRECIPITACIÓN outubro 2013 - febreiro 2014 |
Estación |
Concello |
Chuvia (l/m2) |
Días de chuvia |
Areeiro |
Pontevedra |
1521.3 |
121 |
As Eiras |
O Rosal |
1420.8 |
116 |
Areas |
Tui |
1750.6 |
109 |
Barrantes |
Ribadumia |
1210.9 |
116 |
Cequeliños |
Arbo |
1299.8 |
111 |
Meder |
Salvaterra de Miño |
1079.7 |
98 |
Soutomaior |
Soutomaior |
1692.1 |
102 |
Tremoedo |
Vilanova de Arousa |
1520.1 |
113 |
ó se iniciar o período vexetativo cómpre que se comece coa vixilancia dalgunhas
enfermidades e pragas, mais tamén realizar unha serie de intervencións fitosanitarias
preventivas.
VIÑA |
Excoriose: |
Nalgúns viñedos xa empezan a observarse as
xemas inchadas pero aínda é pronto para aplicar tratamentos fitosanitarios. Con todo,
co clima estable que se prevé, a brotación acelerarase. Lembren que entre os estados
fenolóxicos D (follas incipientes) e E (follas estendidas) é conveniente aplicar un
tratamento fronte á excoriose.
|
MACEIRA |
Apigarado ("moteado"): |
Co inicio da brotación, e concretamente desde o
inchado das xemas, as plantas poden ser receptivas a potenciais ataques deste patóxeno. é
por iso que en variedades sensibles onde ademais houbese danos do patóxeno o ano anterior
será conveniente aplicar un tratamento preventivo (cun funxicida de contacto), entre os
estados de "xema inchada" e "aparición dos botóns florais", especialmente se nese momento
existen condicións de altas temperaturas e humidade.
|
FROITEIROS DE ÓSO |
Lepra: |
A maioría dos froiteiros de óso xa iniciaron
a súa brotación, pero aínda está moi incipiente. Por iso, e co fin de previr os danos
causados por esta enfermidade, é conveniente aplicar un tratamento nestes momentos, xa
que unha vez que os síntomas apareceron, é case imposible o control do fungo
(consulte ós técnicos sobre o tipo de funxicida a utilizar segundo o estado da
brotación).
|
KIWI |
Bacteriose: |
Debido ás condicións do inverno, que
dificultaron a aplicación dos tratamentos invernais, é de esperar que, polo menos nas zonas
onde aparecese na campaña anterior, volva haber problemas con estas enfermidades,
especialmente coa coñecida como PSA ou cancro bacteriano do kiwi. Por iso será FUNDAMENTAL
aplicar, na brotación, un tratamento con funxicidas cúpricos. Ademais, nunca esquezan
ELIMINAR A MADEIRA DE PODA no caso de que non o fixesen. E realicen un bo CONTROL DOS
FERTILIZANTES NITROXENADOS, debido á súa influencia sobre a enfermidade.
|
CÍTRICOS |
Phytophthora hibernalis: |
De todos son coñecidas as podremias brandas dos froitos de diferentes especies de
cítricos debidas ó ataque deste fungo nos últimos anos. Coa melloría das condicións
climáticas non deberían seguir aumentando os danos, pero aínda así lembren a conveniencia
de retirar a froita caída ó chan e a afectada aínda na árbore. Ademais, é moi
recomendable favorecer a aireación da copa (especialmente a nivel das ramas máis baixas)
e a drenaxe na contorna das raíces. Tamén pode axudar ó control a aplicación de
funxicidas como fosetil-Al 80% (sistémico, polo que non se lava coas choivas) ou
formulados de cobre sós ou combinados con outros funxicidas (consulte ós técnicos).
|
PATACA |
Pulguiña da pataca (Epitrix similaris): |
Algúns agricultores xa plantaron pataca temperá e outros están ó facer nestes días.
Lembren que, en relación a este cultivo, deben estar moi pendentes da praga da pulguiña,
ó ser de corentena e estar sometida a medidas encamiñadas á súa erradicación e control.
Segundo a Resolución de 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Produción
Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
a presenza do organismo de corentena Epitrix spp. (pulga da pataca), e se establecen as
zonas demarcadas e as medidas fitosanitarias para o seu control, é necesario:
- – Vixilancia continua do cultivo para a detección precoz da presenza da praga.
- – Desinfección da maquinaria despois de traballar nunha parcela posiblemente afectada.
- – En caso de detección de síntomas da praga, aplicación de tratamentos fitosanitarios autorizados para o seu control.
- – Retirada e destrución dos restos de cultivo despois da colleita.
- – Eliminación dos rebrotes de pataca de anos anteriores.
- – Control das malas herbas que poidan ser hóspedes da praga, tanto dentro da parcela de cultivo como nos bordos desta.
- – Prohibición dos movementos de tubérculos de pataca fóra da zona demarcada.
- – Os tubérculos destinados á comercialización deberán ir a un almacén rexistrado dentro da zona demarcada, no cal serán lavados ou cepillados e comercializaranse acompañados de pasaporte fitosanitario.
- – Recoméndase que nos casos nos que se detecten síntomas da praga se realice rotación de cultivos, de forma que non se cultiven plantas sensibles nesa parcela durante dous ou tres anos.
Ademais, é conveniente plantar nos bordos da leira unha variedade temperá que sirva como
trampa para os adultos que saen da hibernación e concentrar nesa zona os tratamentos
insecticidas. Para máis información sobre esta praga consulten a nosa
ficha técnica nº 54 Epitrix similaris Gentner. Pulguiña da pataca.
|
BUXO |
Cylindrocladium buxicola: |
Co clima máis benigno destes días haberá que vixiar atentamente o nacemento das novas
follas de buxo para comprobar se mostran síntomas da enfermidade. En caso necesario,
aplicarase un tratamento. Lembren que en España non hai funxicidas expresamente
autorizados para o seu control, aínda que en ensaios que realizamos obtiveron bos
resultados as materias activas epoxiconazol, difenoconazol ou kresoxim-metil e tamén,
pero menos, clortalonil.
|
|