UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA |
||||
Inicio » Áreas de Traballo » Fitopatoloxía » Unidade de Fungos |
|
Unidade de Fungos Encárgase de realizar as análises fúnxicas pertinentes de todas as mostras recibidas na Estación, tanto as enviadas por particulares e servizos oficiais como as pertencentes a convenios e a proxectos con distintas entidades, públicas e privadas, de dentro e fóra de Galicia. Ademais destes labores de diagnóstico tamén se levan a cabo traballos de investigación encadrados dentro de proxectos ou convenios. Analízanse tanto cultivos agrícolas como ornamentais e forestais, facendo especial fincapé naqueles que presentan maior relevancia en Galicia, como poden ser a vide, o kiwi, o castiñeiro, a camelia, diversas hortícolas, así como diferentes especies de piñeiro e eucalipto. A identificación dos fungos presentes nas mostras analizadas baséase en laboriosas determinacións morfolóxicas apoiándose, naqueles casos que sexa necesario ou nos que a lexislación así o esixa, nas diferentes técnicas moleculares desenvolvidas para tal fin na sección de bioloxía molecular. Tamén cómpre destacar a realización de exhaustivas mostraxes en Galicia para determinar a presenza e extensión, no seu caso, de certos patóxenos de corentena, de importancia por estar sometidos a unha regulación especial tanto pola lexislación española como pola europea. |