|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
07/07/2011
VIÑA Estado fenolóxico: L
(peche do acio) |
Mildiu:
|
Co cambio que se rexistrou na
climatoloxía cumpríronse localmente as condicións de
infección para este patóxeno. Aínda así, a ausencia
de síntomas ata o momento, e tamén o avanzado estado
fenolóxico da viña (nalgunhas parcelas da zona sur xa se observan
os primeiros grans iniciando o envero), non fai presaxiar que se trate dunha
infección grave pero aínda o fungo pode afectar o acio. Nas nosas
parcelas de seguimento non atopamos síntomas, aínda que nas
plantas que se manteñen sen tratamentos empezan a observarse manchas
incipientes na vexetación máis tenra. Debido a que a
previsión meteorolóxica anuncia aínda certa inestabilidade
de cara ós próximos días, naquelas viñas que non
reciben tratamento desde hai tempo recoméndase renovar a
protección.
|
Oidio: |
Nesta semana non atopamos novos
síntomas no acio pero si en folla nalgunhas parcelas onde anteriormente
se rexistrara a enfermidade. En xeral non será necesario tratar, salvo
naqueles casos nos que a intensidade dos síntomas sexa elevada para
evitar potenciais danos ó acio, que aínda se poden
producir.
|
Black
rot: |
Non vimos
síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento nin tampouco
recibimos na Estación mostras con presenza de fungo. En calquera caso,
insistimos una vez máis en que se debe confirmar mediante unha
análise a presenza da enfermidade
|
Couzas do
acio: |
Nas nosas
parcelas de seguimento as capturas de adultos nas trampas
mantéñense en niveis moi baixos, e tamén a presenza de
ovos non é máis ca testemuñal. A mesma información
achegáronnola outros técnicos. Non é necesario
tratar.
|
Cicadélidos: |
Apenas se
recollen cicadélidos nas trampas, só aparecen puntualmente
estados ninfais na folla. Non é necesario
tratar.
|
Ácaros: |
Pese
ás condicións favorables que se rexistraron ata agora non se
observan en xeral síntomas de ácaros, tampouco recibimos na
Estación mostras positivas. Polo tanto mantense a recomendación
que fixemos ó longo de toda a campaña: non é necesario
tratar, exceptuando aquelas viñas nas que se confirme a presenza de
ácaros en niveis poboacionais superiores ó límite de
tolerancia.
|
Alteracións de madeira: |
Xa
están aparecendo plantas con síntomas que apuntan a estas
enfermidades e que deben ser marcadas para confirmar o axente causante no
outono e poder determinar así se deben ser tratadas adecuadamente no
inverno.
|
MACEIRA |
Moteado: |
O tempo máis húmido incrementa
o risco de moteado. Polo tanto, se se mantén a inestabilidade, como
anuncia a previsión meteorolóxica, será conveniente
renovar os tratamentos pois aínda se poden producir danos nas
mazás.
Naquelas
plantacións con maceiras de recolección temperá
débese prestar moita atención ó prazo de seguridade do
funxicida elixido. |
Couza da
maceira: |
Nalgunhas
parcelas sen apenas tratamentos recóllese un número moi
importante de adultos, nas trampas, polo que aínda hai que prestar
atención á protección se se desexan evitar
penetracións larvarias na froita.
|
CASTIÑEIRO |
Avermado
das castañas: |
Das tres especies de lepidópteros que
poden provocar danos nas castañas Pammene fasciana é
coñecida coma o tortrícido precoz pois en xeral inicia a
súa actividade con anterioridade ás outras dúas. Tras
abandonar os ourizos as eirugas desta bolboreta refúxianse en gretas da
cortiza da árbore ata a primavera seguinte. Por iso, e considerando o
período de voo na nosa provincia, xa é bo momento para instalar
bandas de cartón ondulado ó redor dos troncos para que as larvas
se refuxien nelas. Ó retirar estas bandas no outono-inverno e
destruílas elimínase parte da poboación nociva para a
seguinte campaña. A mesma práctica é recomendable
no control de Cydia pommonella, coñecida coma couza da
maceira, para reducir a porcentaxe de mazás avermadas o ano
próximo. A seguinte secuencia mostra o proceso de
colocación destas "trampas para larvas":
|
|
|