|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
21/07/2011
VIÑA Estado fenolóxico:
M1-M2 (Inicio do envero - Envero) |
Mildiu:
|
Nas
parcelas da nosa rede de seguimento non observamos síntomas da
enfermidade. Nin sequera continuaron evolucionando as manchas incipientes que
apareceran nas plantas que mantemos sen tratamentos. A situación
observada débese, probablemente, ó baixísimo nivel de
inóculo desta enfermidade nesta campaña, posto que
condicións favorables continuaron rexistrándose (a pesar do
descenso térmico que se produce nas horas nocturnas). A previsión
meteorolóxica anuncia unha melloría climática para os
próximos días co que, unido á entrada da coloración
da práctica totalidade de acios, xa non se esperan danos na
uva.
De aquí ó final de campaña
aínda poden aparecer síntomas nos brotes terminais
(atención tamén ós acios de leiras onde a
coloración non sexa xeneralizada) pero neste momento non é
necesario tratar. |
Oidio: |
Houbo
condicións favorables ó oídio debido á presenza de
néboas ou nubes pero esta enfermidade tamén deixa de afectarlle
ó acio unha vez que entra a coloración. Non obstante, nas
plantas testemuña que mantemos sen tratamentos obsérvanse
síntomas en folla e tamén, esporadicamente, nos acios
pouco desenvolvidos. Por este motivo, naquelas leiras onde houbese
presenza de enfermidade, e onde a incidencia de síntomas sexa
importante, aínda é necesario tratar para evitarlle danos
á vexetación e reducir o inóculo para a próxima
campaña.
|
Botrytis
cinerea: |
Debido á relativa inestabilidade
climática deste mes, naqueles viñedos nos que existan variedades
sensibles a este patóxeno e/ou feridas por calquera causa é
conveniente aplicar un tratamento (que debe dirixirse ós acios) co fin
de evitar danos futuros. En caso de que xa se realizase aínda non
é necesario renovalo.
|
Couzas do
acio: |
Aínda poden
aparecer postas e penetracións de couza nos acios a pesar de que nas
nosas parcelas de seguimento apenas se observan moi puntualmente (e
tamén as capturas de adultos nas trampas son moi baixas). En xeral, a
partir de agora non esperamos danos directos importantes causados por esta
praga pero non se debe esquecer que as súas penetracións
larvarias son feridas que favorecen a entrada de botrite.
|
Cicadélidos: |
Ó igual que no
resto da campaña seguimos capturando escasos individuos de
cicadélidos nas trampas instaladas (e de momento non recollemos
ningún adulto de Scaphoideus titanus). Ademais, só se
atopan esporadicamente ninfas nos cálculos de follas. Non é
necesario tratar.
|
Ácaros: |
En
ningunha das nosas parcelas de seguimento se observan síntomas da
presenza de ácaros, e tampouco recibimos mostras positivas na
Estación. Aconséllase, coma sempre, confirmar a súa
presenza en caso de síntomas e cuantificar as súas
poboacións para determinar a conveniencia de tratar ou
non.
|
Outros: |
Recibimos máis mostras na Estación con síntomas e presenza
confirmada de trips, cuxa aparición xa anunciamos no aviso
anterior. Polo tanto, se se observa a sintomatoloxía que se reflicte nas
imaxes e se confirma a presenza destes insectos hai que aplicar un tratamento
(entre os insecticidas rexistrados están o spintor ou o
metil-clorpirifos).
Lémbrase que
é moi importante confirmar a presenza do insecto pois os
síntomas poderían confundirse cun ataque de ácaros (ou
incluso con outras alteracións). |
MACEIRA |
Moteado: |
Non
observamos síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento e a
previsión meteorolóxica anuncia tempo estable para os
próximos días polo que, en principio, non é necesario
tratar.
|
Couza da
maceira: |
Non
capturamos ningún macho nas trampas de feromonas instaladas nas nosas
parcelas de seguimento e tampouco vimos novas perforacións. Aínda
así, as poboacións deste lepidóptero poden ser moi
variables entre parcelas polo que, se se observan danos, é conveniente
manter a protección das froiteiras respectando os prazos de
seguridade dos insecticidas empregados nos tratamentos.
|
|
|