|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
11/08/2011
Debido ó avanzado da campaña esta semana concluímos a
emisión dos avisos fitosanitarios semanais. En calquera caso,
seguiremos emitindo diversa información fitosanitaria
aínda que non sexa con periodicidade semanal
Queremos
agradecer moi especialmente a colaboración dos propietarios
das parcelas da nosa rede de seguimento e dos técnicos que nos
proporcionaron informacións relativas ás súas leiras.
|
VIÑA Estado fenolóxico: N
(Maduración) |
Nota sobre a
maduración.- As bodegas da provincia xa están fixando as
datas previstas de vendima nas súas parcelas sobre a base das
análises que realizan. Para aqueles viticultores que non estean
acollidos a ningunha bodega achegamos, a modo de referencia, as
medicións do grao alcohólico obtido en mostras de uva
albariña recollidas esta semana nas nosas parcelas de
seguimento:
- |
Comarca do Salnés.-
Tremoedo: 9.13º; A Modia: 10.12º; Castrelo: 10.53º |
- |
Comarca do Rosal.- Rosal:
10.86º |
- |
Comarca do Condado.- Vide:
11.29º |
- |
Comarca de Soutomaior.-
Soutomaior: 10.93º |
|
Mildiu:
|
As novas manchas cuxa
aparición referimos no aviso anterior non evolucionaron e, de feito, os
esporanxios que presentan xa non son viables, con toda seguridade debido
ás elevadas temperaturas que se rexistran e á baixa agresividade
que presentou o patóxeno nesta campaña. Con todo isto, a pesar de
que as previsións meteorolóxicas anuncian certa inestabilidade de
cara ó domingo, é pouco probable que apareza un número
elevado de manchas nos brotes novos, co que este ano pode evitarse (en
principio) o tratamento cúprico que adoitamos recomendar para despois da
vendima.
|
Oidio: |
A
incidencia desta enfermidade foi elevada nesta campaña, o cal
supón un incremento do risco de ataque para a próxima temporada
de cultivo, aínda que outros factores (a meteoroloxía
principalmente) tamén influirán. Naquelas leiras nas que este ano
houbese unha forte presenza pódese aplicar un antioídio despois
da vendima (a eficacia de posibles tratamentos nese momento non está
totalmente contrastada pero sempre reducirá o nivel de
inóculo).
|
Botrytis
cinerea e outras podremias do acio: |
Unicamente vimos lixeiras trazas de podremia gris en grans moi
illados de acios de variedades sensibles. A práctica ausencia desta
enfermidade e doutras patoloxías típicas da maduración
(podremias ácidas) neste momento débese á estabilidade
climática que se está rexistrando e que, en xeral, parece que se
vai manter nos próximos días (salvo un lixeiro cambio o domingo,
segundo apuntan as previsións). Por este motivo, e atendendo á
proximidade da vendima, xa non se recomendan tratamentos pois non se esperan
danos de importancia, en especial considerando que a uva está en bo
estado, en xeral, nesta campaña.
|
Couzas do
acio: |
Nesta semana
incrementáronse sensiblemente as capturas de Lobesia botrana, sobre todo
na Modia, onde se superaron os 100 machos recollidos. Tamén o
número de postas incrementou pero, debido á proximidade da
vendima, xa non se espera que as eirugas que nazan poidan causar ningún
dano.
|
Cicadélidos: |
Ó
igual que en toda a campaña as capturas de cicadélidos
Empoasca vitis e Zygina rhamni nas trampas mantivéronse en
niveis baixos nas nosas parcelas de seguimento. Por outro lado, seguimos sen
recoller os primeiros adultos de Scaphoideus titanus, o que, en caso de
producirse, indicaremos nun novo aviso.
|
Trips: |
Para a próxima campaña
haberá que prestar moita atención desde o brote ó
ataque destes insectos, que este ano estiveron presentes en varios
viñedos do Salnés no último mes e que, esta semana,
encontramos igualmente en varias viñas do Condado e O Rosal. En todos os
casos, salvo naqueles viñedos que xa recibiron tratamentos, as
poboacións están formadas principalmente por estados ninfais que
se encontran moi activos, polo que onde estea confirmada a presenza desta praga
é recomendable aplicar un tratamento insecticida tras a
vendima.
|
Ácaros: |
Nesta
campaña apenas se observou a presenza de araña vermella nas
viñas, tan só se poden destacar lixeiramente as poboacións
de Calepitrimerus vitis (acariose) que houbo en parcelas moi puntuais.
En caso de que se desexe confirmar a contía das poboacións
invernantes, nas que houbese síntomas na campaña, será
aconsellable recoller mostras no momento da poda para analizalas.
|
Outros: |
Recorden que é
moi importante marcar aquelas cepas que manifesten síntomas de
patoloxías da madeira neste momento para tratalas separadamente
das demais no momento da poda.
|
MACEIRA |
Moteado: |
Non atopamos novas manchas nas
plantas das nosas parcelas de seguimento, pero si é certo que esta
semana recibimos varias mostras de mazás con danos polo patóxeno.
Segundo as previsións meteorolóxicas para os próximos
días non se esperan condicións favorables á enfermidade,
pero naquelas parcelas nas que houbese danos importantes será
conveniente aplicar un tratamento despois de recoller a froita.
|
Couza da
maceira: |
Continúa o voo deste lepidóptero, cuxas eirugas
poden causar danos ata o mesmo momento da recolección. Como xa dixemos
en repetidas ocasións, unha boa práctica cultural para reducir a
poboación de cara á próxima campaña é
colocar bandas de cartón ondulado arredor dos troncos para atrapar as
larvas que se retiran a invernar e retiralas e destruílas no
inverno.
|
Ácaros: |
En xeral, este ano apenas houbo
ataques de araña vermella nas maceiras. Non obstante, naquelas parcelas
que si os tiveron é recomendable aplicar un tratamento despois de
recoller a froita para limitar a posta de ovos (forma de invernación de
Panonychus ulmi).
|
|
|