|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
04/08/2011
VIÑA Estado
fenolóxico:M2 - N ( Envero - Maduración) |
NOTA: Segundo está previsto a
vendima adiantarase esta campaña unha media de 2-3 semanas fronte
ó ano anterior (algunhas bodegas xa estableceron as súas datas
límite de tratamentos). Por este motivo, naqueles casos nos que
aínda se deba realizar algunha intervención deberáselle
prestar moita atención ó prazo de seguridade dos
fitosanitarios elixidos: este prazo debe ser estritamente
respectado.
|
Mildiu:
|
As condicións
climáticas dos días pasados non foron especialmente favorables
á enfermidade, aínda que xa se rexistra humidade foliar nocturna
e se incrementou a humidade relativa pola chegada dunha nova
perturbación, co que observamos o desenvolvemento de pequenas manchas de
aceite con lixeira esporulación sobre os novos crecementos en todas as
comarcas. Segundo as previsións a partir do próximo luns
tenderá a estabilizarse a climatoloxía, co cal non se espera que
esta infección teña maior incidencia dado que, ademais, os acios
xa non son sensibles.
|
Oidio: |
Observouse un incremento na
porcentaxe de follas ocupadas por oídio, que nalgúns casos
afectan tamén a plantas que recibiron tratamentos. Pese a isto, non
é necesario tratar debido a que o fungo xa non afecta o acio e non pode
comprometer a cantidade nin a calidade da colleita.
|
Botrytis
cinerea: |
Co cambio rexistrado na climatoloxía, e
o incremento de azucres na uva, hai máis probabilidade de que se instale
o patóxeno en acios con feridas e/ou de variedades sensibles. Se se
mantivo unha boa sanidade da uva non é probable que se produzan danos
pese a que se produzan condicións favorables á enfermidade, pero
puntualmente pode ser necesario tratar para evitar eses danos. No mercado
existen funxicidas antibotríticos que aínda se poden aplicar
(salvo nos casos nos que as bodegas limiten os tratamentos) polo seu menor
prazo de seguridade, como ciprodinil + fludioxonil (7 días) ou
fenhexamida (14 días).
Lembren que é
imprescindible respectar o prazo de seguridade dos fitosanitarios que se
empregan e que a norma para o caso da botrite é non superar os 21
días antes da vendima. |
Couzas do
acio: |
En boa parte das parcelas incrementouse
lixeiramente o número de capturas (de forma notoria na Modia), que xa
corresponden ó terceiro voo de couzas. Non obstante, coa proximidade da
vendima non se esperan danos directos por penetracións, e estas
só poderían ter efecto sobre a incidencia de
botrite.
|
Cicadélidos: |
Tampouco
nesta semana se incrementaron as capturas de Empoasca vitis e de
Zygina rhamni nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento.
Ademais, non observamos adultos en voo nin ninfas nas nosas mostras directas
ás follas. Por outro lado, aínda non se capturaron os primeiros
adultos de Scaphoideus titanus.
|
Trips: |
Desde hai
tres semanas estanse a observar claramente os síntomas destes insectos,
non habituais nos nosos viñedos, en numerosas parcelas da comarca do
Salnés. Nas mostras que tomamos esta semana seguimos encontrando un
número moi importante de ninfas pero poucos adultos. A especie causante
destes síntomas é a Drepanothrips reuteri
(identificámola en laboratorio). En caso de que sexa necesario tratar
pódese aplicar spinosad (14 días de prazo de seguridade) ou
metiocarb (non procede prazo de seguridade en viña).
En
calquera caso é moi importante confirmar a presenza e contía da
praga antes de adoptar calquera decisión de tratar.
O Drepanothrips reuteri é
un tisanóptero polífago de orixe europea. Está presente en
varios hóspedes leñosos e arbustivos (carballo, abeleira) pero
aparece con maior frecuencia sobre o xénero Vitis. De feito,
é o único trips descrito sobre a vide capaz de producirlle danos
económicos de importancia. Estes insectos aliméntanse
succionando os zumes celulares, co que limitan o desenvolvemento dos tecidos,
de forma que as follas presentan ondulacións, vultos, rachaduras...
Antes, aparecen vetas e manchas necróticas nas follas e nos brotes. Nos
casos de poboacións elevadas pode haber danos no acio.
|
Ácaros: |
Recibimos unhas mostras da comarca do Salnés con
presenza de araña vermella, a pesar de que as poboacións son moi
baixas (nas parcelas da nosa rede non se observan síntomas). En xeral,
os ataques de ácaros nesta campaña son puntuais; se antes da
vendima fose necesario realizar algún tratamento poderíase
aplicar xofre (non procede prazo de seguridade) ou fenpiroximato (14
días de prazo de seguridade).
|
Outros: |
Naquelas plantacións con
acios moi expostos e con síntomas por golpe de sol os grans
están tomando un aspecto similar a unha podremia, que de momento se debe
exclusivamente á cor tostada da pel e ó engrosamento das
uvas. Así e todo, recoméndase vixiar a súa
evolución, debido a que se rompe a pel pode favorecer a
instalación de botrite.
|
MACEIRA |
Moteado: |
Co cambio rexistrado na climatoloxía
increméntase o risco de infección por este patóxeno, que
pode afectar as árbores ata o final do período vexetativo. Por
iso, se aparecen novas manchas nas follas ou nos froitos hai que renovar a
protección despois das chuvias, sobre todo en variedades sensibles.
Recorden que hai que respectar sempre os
prazos de seguridade dos fitosanitarios empregados nos tratamentos.
|
Couza da
maceira: |
Tamén as couzas poden afectar as mazás ata o
momento da colleita, polo que se recomenda non descoidar os tratamentos se se
tiveron danos ó longo da campaña (respectar sempre o prazo de
seguridade dos produtos empregados antes de recoller o froito).
|
Outros: |
Co incremento da humidade relativa
e a chegada de precipitacións débense retirar do chan as
mazás caídas (e tamén aquelas que se encontren con
picaduras nas árbores) para evitar a súa podremia e a
instalación de patóxenos como botrite ou monilia, que poden
chegar a afectar a potencial colleita.
|
|
|