|
Froiteiras de folla caduca, Viña, Cítricos, Buxo e Insecto en edificacións |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomate, Pataca, Piñeiro, Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Cítricos, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Pataca, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos e
Kiwi |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
31/05/2013
VIÑA Estado fenolóxico:
H -
I
(entre Botóns florais separados e inicio de
Floración) |
Mildeu: |
Desde a
publicación do noso aviso extraordinario sobre mildeu do mércores
29 recibimos notificacións por parte doutros técnicos e
agricultores que nos referían situacións semellantes ás
descritas (presenza de zonas de avance en manchas antigas e aparición
dalgunhas novas) en parcelas de todas as comarcas.
Nestes momentos
é probable que xa se renovasen os tratamentos antimildeu en moitas
fincas; nestes casos é fundamental que se revise a eficacia das
aplicacións, en especial naquelas zonas onde xa se detectaron novos
síntomas e onde estaba próximo a concluír o
período de protección do tratamento anterior. No caso de non
aplicarse aínda, debe realizarse, ademais, porque o ascenso
térmico que se prevé acelerará a entrada en
floración, estado fenolóxico no que o viñedo debe estar
perfectamente protexido.
As previsións meteorolóxicas anuncian tempo seco e
solleiro, con temperaturas algo frescas de noite (sobre 11-12 ºC de media)
e máximas superiores a 20 ºC. Ademais, para o fin de semana os
ventos terán dirección norte, que secarán máis o
ambiente, e de dirección variable a partir da próxima semana.
ANTE A PRESENZA DE VENTO É AÍNDA MÁIS IMPORTANTE SER
COIDADOSOS NAS APLICACIÓNS PARA EVITAR DERIVAS
|
Oídio: |
Nesta semana non vimos novos
síntomas. Con todo, como dixemos nos últimos avisos, a
floración é un estado que debe estar protexido. Por iso, debido a
que en case todas as fincas xa se observan algúns acios coa
floración iniciándose e a que, se se cumpren as previsións
de altas temperaturas diúrnas, este estado irase xeneralizando,
será necesario engadir un antioídio ós tratamentos
antimildeu que se realicen.
|
Black rot: |
Malia as
precipitacións rexistradas (de escasa contía, iso si), non vimos
novos síntomas, nin nas parcelas do Condado, onde os observaramos, nin
noutras comarcas. Coa previsión de tempo estable non se agarda a
aparición de máis sintomatoloxía. Aínda así,
débese manter a vixilancia.
Lembren que en parcelas con presenza desta enfermidade os
tratamentos fronte ó mildeu deben realizarse con funxicidas que
teñan efecto fronte ó black rot. Tamén o miclobutanil
está recomendado no seu control
|
Couzas do
acio: |
En todas as nosas parcelas de
seguimento as capturas de adultos de Lobesia botrana continúan en
niveis baixos (destaca unha semana máis a finca da Modia, con 48 machos
recolleitos). De momento continuamos sen observar glomérulos. Non se
precisa tratar.
|
Cicadélidos: |
Unha semana máis temos que falar de
escasísimas capturas nas trampas e de ausencia de ninfas na mostraxe de
100 follas ó chou.
|
Altica: |
Nesta semana non
atopamos novas postas, nin larvas ou adultos. Non se precisa tratar.
|
Ácaros: |
Continuamos sen
observar poboacións de acariose, nin nas nosas parcelas de seguimento,
nin noutras que visitamos ou nas mostras recibidas na Estación.
|
Boa práctica
fitosanitaria: |
LEMBREN SEMPRE QUE É IMPRESCINDIBLE ADECUAR O VOLUME
DE APLICACIÓN Ó DA MASA VEXETAL, co fin de evitar as derivas e,
consecuentemente, impedir que o fitosanitario alcance áreas diferentes
das do tratamento. Tamén deben EMPREGARSE SEMPRE OS EQUIPOS DE
PROTECCIÓN ADECUADOS PARA A REALIZACIÓN DE TRATAMENTOS
FITOSANITARIOS
|
MACEIRA |
Moteado: |
A pesar das
precipitacións que se produciron, non vimos síntomas nesta
semana, posiblemente debido ás baixas temperaturas rexistradas. Manter a
vixilancia.
|
Avelaíña
da maceira: |
Tivemos 2 capturas nas
trampas, co que estamos no límite do limiar de tolerancia. En todo caso,
se as temperaturas sofren o anunciado ascenso haberá que incrementar a
vixilancia.
Lembren que é moi conveniente a instalación de
trampas de feromona en cada plantación para saber a evolución da
praga e así intervir no momento oportuno para evitar danos, xa que as
poboacións poden ser moi diferentes mesmo en predios
próximos
|
Pulgóns: |
Están a aparecer as
primeiras colonias de pulgón cincento. Como dixemos noutras
ocasións, en caso de elevadas poboacións este áfido pode
deformar tamén os froitos. Coa subida de temperaturas o seu
desenvolvemento verase favorecido, polo que é necesario incrementar a
vixilancia.
|
CÍTRICOS |
Moscas
brancas: |
Seguimos
atopando numerosos adultos e ninfas nos gomos novos. Lembren que estes insectos
segregan melaza, sobre a que se poden instalar fungos de fumaxina que limitan a
fotosíntese, polo que, no caso de que os localicen, é necesario
aplicar un tratamento insecticida cun produto rexistrado.
|
KIWI |
Bacteriose: |
Lémbrase a importancia de aplicar un
tratamento en pre-floración fronte a estas enfermidades. Os funxicidas
rexistrados son produtos cúpricos (oxicloruro de cobre 38, 52 ou 70%;
óxido cuproso 80% ou sulfato tribásico de cobre
19%).
|
CERDEIRA |
MOSCA (Rhagoletis
cerasi): |
Nas zonas da contorna de Beade e
Bembrive estamos a recoller este ano numerosos adultos deste insecto, cuxas
larvas danan os froitos. Para o seu control, os produtos recolleitos no
Rexistro do Ministerio son lambda-cihalotrin 2.5%, e proteínas
hidrolizadas 30 e 36%. En caso de aplicar un tratamento, lembren que
É IMPRESCINDIBLE RESPECTAR ESTRITAMENTE O PRAZO DE
SEGURANZA.
|
|