|
Froiteiras de folla caduca, Viña, Cítricos, Buxo e Insecto en edificacións |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomate, Pataca, Piñeiro, Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Cítricos, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Pataca, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos e
Kiwi |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
12/07/2013
VIÑA Estado fenolóxico:
K Grans tamaño chícharo |
Mildeu: |
Na visita realizada o día 9 ás nosas parcelas
de seguimento tratadas non atopamos síntoma ningún de enfermidade a pesar de que nalgunhas delas transcorrera xa
un mes desde a anterior intervención. Nas plantas testemuña tampouco aumentaron os síntomas observados a semana anterior,
e mesmo a esporulación aparentaba desvitalizada, consecuencia sen dúbida das altas temperaturas e da ausencia de humidade
foliar de días pasados. Con todo, desde os días 9 ou 10, segundo as zonas, están a rexistrarse néboas densas que se
traducen en humectación foliar. Consecuentemente, nas parcelas da nosa rede recomendamos renovar os tratamentos
e a mesma recomendación é extensible a aquelas leiras onde concluíse o período de protección do último tratamento.
Nas demais, algunhas delas recentemente tratadas, manter a vixilancia.
Desde este estado de "grans tamaño chícharo" xa é recomendable aplicar os tratamentos con
funxicidas cúpricos, que normalmente incorporan un penetrante (e algúns tamén un contacto)
|
Oídio: |
Esta enfermidade incrementouse sensiblemente en todas
as comarcas en variedades sensibles, debido ás condicións climáticas. No Albariño só as nosas plantas testemuña
mostraban, na revisión desta semana (día 9), unha moi elevada presenza de síntomas en folla, e tamén nos acios,
aínda que estes con menor intensidade. A presenza das néboas que se están a rexistrar aínda favorece máis ó fungo,
polo que é necesario tratar.
Lembren que o xofre non se debe empregar con temperaturas moi elevadas. Nestes casos débese
tratar con antioídios sistémicos
|
Botrite: |
As condicións climáticas destes días non foron favorables á enfermidade e consecuentemente non atopamos síntomas na revisión das nosas parcelas de seguimento, incluso sobre os restos derivados dun callado deficiente da uva. Aínda así, o incremento da humidade relativa que se rexistra si implica condicións de infección. Incrementar a vixilancia, especialmente en variedades sensibles e naquelas leiras con avanzado desenvolvemento do acio.
Lembren que a presenza de botrite está moi relacionada co estado da pel dos grans: se
non hai feridas é pouco probable que se instale o fungo
|
Black
rot: |
Tampouco neste caso a climatoloxía de días
pasados foi favorable e polo tanto non apareceron novos síntomas. Incrementar a vixilancia debido
á humidade relativa derivada da presenza de néboas.
|
Couzas do acio: |
Nesta semana incrementáronse as capturas de
adultos das dúas especies de couza nas trampas que temos instaladas nas nosas parcelas de seguimento,
aínda que non de forma alarmante: a máxima cifra obtida foi de 30 individuos de Lobesia botrana
na parcela de Barrantes e de 17 de Eupoecilia ambiguella na de Tremoedo. Con todo, a calor
extrema destes días non favorece as postas, polo que non se observaron ovos nin penetracións nos grans.
Consecuentemente non é necesario tratar.
|
Cicadélidos: |
Se a semana anterior
anunciabamos un incremento nas capturas de Empoasca vitis nas trampas, esta semana
houbo un aumento nas de Zygina rhamni, significativo neste caso (pero tamén esta
especie ten menor transcendencia nos viñedos). Non obstante, a presenza de formas ninfais
nas follas segue en niveis baixos.
|
Ácaros: |
Observamos novos síntomas de
Calepitrimerus vitis (acariose) nos brotes terminais dalgunhas leiras, pero as poboacións
son moi reducidas. Incrementar a vixilancia, pero non tratar a menos que se confirmen con
exactitude que os síntomas corresponden ó ácaro.
|
Outros -
Golpe de sol: |
Nalgúns acios moi expostos da comarca do Condado vimos os
primeiros grans afectados por golpe de sol. Lembren que os labores de esfollado deben
realizarse coidadosamente para evitar este fenómeno na medida do posible.
|
Boa
práctica fitosanitaria: |
Continuamos ollando viñedos cun excesivo desenvolvemento
da cuberta vexetal espontánea. é fundamental segala e tamén realizar a poda en verde para evitar a
acumulación de humidade
Lembren sempre que é imprescindible adecuar o volume de
aplicación ó da masa vexetal, co fin de evitar as derivas e consecuentemente impedir que o fitosanitario
alcance áreas diferentes das do tratamento. Tamén deben UTILIZARSE SEMPRE OS EQUIPOS DE PROTECCIÓN
ADECUADOS PARA A REALIZACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS
|
MACEIRA |
Moteado: |
Nesta semana as condicións climáticas non foron favorables ó fungo, pero o incremento da humidade que xa se rexistra e que segundo as previsións meteorolóxicas se vai manter nos próximos días, fai que sexa preciso incrementar a vixilancia.
|
Oídio: |
De mantérense as néboas que apareceron
xeralizadamente desde os días 9-10, haberá que estar máis atentos á aparición de novos brotes
con oídio.
|
Couza da maceira: |
Na nosa parcela de Areeiro non
recollemos ningún adulto na trampa despois do tratamento realizado. Ademais, instalamos unha nova
trampa nunha leira de Sanxenxo e alí recollemos dous adultos. As temperaturas destes días, do mesmo
xeito que referimos para as couzas da vide, non foron favorables ás postas, pero aínda así débese
manter a vixilancia xa que a actividade desta especie é continua ó longo do período vexetativo.
|
Pulgóns: |
Débese vixiar especialmente a evolución das poboacións do pulgón cincento e do pulgón lanífero,
pois son as dúas especies máis daniñas para a maceira. No caso do lanífero, lembren que existe un parasitoide moi eficaz,
Aphelinus mali, que está presente en moitas zonas da nosa provincia e que debe ser considerado na planificación de
calquera tratamento.
|
Araña vermella: |
Observamos novas colonias nas maceiras, a
pesar de que as temperaturas tan elevadas que tivemos tampouco lles favorecen. De momento
non se alcanza nin moito menos o limiar de tratamento na maioría dos casos. Incrementar
a vixilancia.
|
PATACA |
Epitrix
similaris e couza da pataca: |
Nestes momentos nos que en moitas leiras se está a proceder á colleita, lembren que é fundamental eliminar os restos do cultivo da leira e destruílos para evitar que alberguen individuos destas pragas.
|
DETECTADA UNHA NOVA PRAGA PARA AS FROITEIRAS
EN GALICIA: Drosophila suzukii Matsumura 1931 |
|
Drosophila suzukii Matsumura 1931 é unha
mosca que pode atacar froitos de diferentes froiteiras: cerdeira e outros froiteiros
de óso, kiwi, figueira, caqui e pequenos froitos. Tamén a vide ou o amorodo están
entre os seus hóspedes. A diferenza doutras moscas da froita, a súa importancia radica
en que as femias poñen os seus ovos en froita sa, sen feridas, e as larvas aliméntanse
na polpa, co que o froito se deprecia para o consumo e/ou cae prematuramente.
É unha especie do sueste asiático que está en España desde 2008. A súa elevada
capacidade reprodutiva, a súa adaptación a diferentes condicións ambientais e o rango
de hóspedes con moi diferentes períodos de frutificación fan que sexa considerada coma
unha ameaza e que estea incluída na Lista A2 da EPPO (Organización Europea para
a Protección das Plantas).
Este ano foi o primeiro en que a detectamos en Galicia, como consecuencia da
estreita colaboración existente entre Areeiro (Deputación de Pontevedra) e o Servizo
de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural e do Mar (Xunta de
Galicia). A detección tivo lugar en trampas (mosqueiros), situadas nalgúns
puntos de Pontevedra, sobre cerdeiras. Con todo, non vimos danos (situación
relativamente frecuente cando a praga está recentemente detectada), e todas
as larvas que atopamos nos froitos correspondían á mosca da cereixa (Rhagoletis
cerasi). No entanto, a partir de agora haberá que estar pendentes ante a súa
posible detección noutras zonas e/ou sobre outros cultivos. Para máis información,
consulte cos servizos oficiais. |
|
|
|
|