|
Froiteiras de folla caduca, Viña, Cítricos, Buxo e Insecto en edificacións |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomate, Pataca, Piñeiro, Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Cítricos, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Pataca, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro, Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos e
Kiwi |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
09/08/2013
VIÑA Estado fenolóxico:
L Peche do acio - Nalgunhas viñas máis adiantadas
da comarca do Condado: M Pintado |
Mildeu: |
Na revisión das parcelas da nosa rede do día 7 de agosto unicamente vimos
síntomas da enfermidade nunha planta testemuña da comarca do Salnés e máis danos nos acios
na mesma parcela. Con todo, coas condicións favorables xurdidas por mor das precipitacións
do mércores pode esperarse a aparición de novos síntomas nos crecementos non protexidos e
posiblemente naquelas leiras en que o período de protección do tratamento anterior estea
próximo a concluír, sobre todo se se usaron funxicidas só de contacto. Nestes momentos a
sensibilidade da uva á enfermidade é menor pero aínda poden producirse algúns danos ó non
alcanzarse o pintado. Por este motivo, aconséllase realizar unha revisión do viñedo e
renovar os tratamentos SÓ se aparecen manchas de forma xeneralizada ou se houbo
anteriormente focos mal controlados en acio.
As diferentes previsións meteorolóxicas anuncian un tempo moi estable,
temperaturas elevadas e ventos do norte para os próximos días, polo que os síntomas
que poidan aparecer non deberían ser importantes
|
Oídio: |
Tamén no caso desta enfermidade só vimos novos síntomas en plantas
testemuña do Salnés, tanto en folla coma en acio, e nos denominados acios "netos".
Mesmo visitamos unha parcela que tivera un forte ataque e os acios aparecen
completamente libres de novos signos. Coa proximidade do pintado (que sen dúbida se
acelerará coas altas temperaturas) xa non se esperan danos na uva, polo que só é
aconsellable realizar un último tratamento dirixido ó acio naquelas variedades
moi sensibles sobre as que continúen aparecendo síntomas.
|
Botrite: |
Nesta semana observamos un incremento dos acios con presenza de botrite
(aínda que lixeira) en dúas das nosas parcelas de seguimento. As condicións climáticas
do mércores, que mantiveron humedecida a vexetación durante tempo, tamén xeraron
condicións favorables á enfermidade. Con todo, as previsións meteorolóxicas anuncian o
mantemento do clima estable durante días polo que é pouco probable que continúen
aparecendo grans afectados. Recoméndase revisar os acios e, en caso de non efectuar
ningún tratamento, realizar unha intervención se se atopan síntomas (micelio) ou se
aparece unha alta porcentaxe de grans con indicios de penetracións ou con fendas.
En caso de realizar o tratamento este debe dirixirse exclusivamente ós
acios. Con esta medida optimízase o control da enfermidade e redúcese o custo da
intervención
|
Black rot: |
Tampouco nesta semana vimos síntoma ningún, nin sequera en plantas
testemuña da nosa parcela de seguimento do Condado, onde houbera síntomas da enfermidade
na folla.
|
Couzas do acio: |
As capturas nas trampas das nosas parcelas de seguimento mantéñense en
niveis mínimos (ou ben non hai) e a presenza de grans con penetracións, cando os hai, é
reducida. Lémbrase que NON é recomendable tratar a menos que se supere o limiar de
tolerancia (3-5% de acios con penetracións en variedades sensibles a botrite e 5-8%
no resto de casos). Ademais, agora é moi sinxelo localizar os acios afectados.
A pesar do recomendado débese manter a vixilancia posto que nos
últimos anos a terceira xeración de Lobesia produciu algúns danos en certas
leiras
|
Cicadélidos: |
Os niveis de capturas de Zygina rhamni nas nosas parcelas de
seguimento mantivéronse, aínda que aumentaron lixeiramente os de Empoasca vitis.
Canto ós controis ás follas, a presenza de ninfas continúa estable. Antes de decidir
aplicar un tratamento débese consultar ós técnicos, posto que nos últimos anos están
a revisarse os limiares de tratamento e considérase que os danos causados son máis
baixos do que se estimaba. Pola súa banda, non recollemos aínda os primeiros exemplares
de Scaphoideus titanus, que na anterior campaña se capturaron na semana do 15 de
agosto.
Todos os tratamentos que se lle apliquen ó viñedo deben responder a
unha necesidade, e máis os insecticidas, xa que nas nosas viñas hai un complexo
bastante importante de insectos e ácaros útiles que poden ser eliminados coas
aplicacións continuadas
|
Trips: |
Nesta semana non vimos novos síntomas. Tampouco recibimos mostras na Estación con
presenza destes artrópodos.
|
ácaros: |
Nesta semana tampouco recibimos mostras
con presenza de ácaros. Das parcelas da nosa rede, só nunha planta do bordo dunha
leira do Salnés atopamos dous individuos de Calepitrimerus vitis (causante da
acariose), polo que imos incrementar a vixilancia. Lembren que unicamente a
observación detallada do envés das follas permite comprobar a contía das poboacións e
que non se deben aplicar tratamentos acaricidas a menos que estea xustificado.
Os tratamentos innecesarios poden eliminar os ácaros útiles presentes
en moitas plantacións e favorecer con iso novos ataques
|
Outros.- Enfermidades da madeira: |
Nalgunhas leiras continúa avanzando a presenza
de plantas sintomáticas. A pesar de que dalgunhas plantas sen síntomas se pode tamén
illar algún ou algúns fungos responsables destas alteracións, novamente insistimos en
que se deben marcar polo menos todas as sintomáticas para o seu tratamento separado no momento da poda.
|
MACEIRA |
Apigarado ("moteado"): |
A pesar de que o risco de apigarado existe ata o final da campaña, non atopamos
novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento. As condicións de clima seco que
se prevén non favorecen as infeccións, polo que é pouco probable que aparezan
síntomas.
|
Couza da maceira: |
Fronte á semana anterior,
superouse o limiar de tolerancia nunha das parcelas da nosa rede, concretamente na de
Sanxenxo, onde recollemos 8 adultos. Con todo, en Areeiro non capturamos ningún, o
que alude unha vez máis ás diferenzas que poden existir entre parcelas e á
importancia da instalación de trampas para realizar un control adecuado da praga.
Xa é bo momento para instalar bandas-trampa de cartón
ondulado nas maceiras para capturar as eirugas que se retirarán a
invernar. Xeralmente, as eirugas refúxianse en fendas da cortiza da
árbore ata a primavera seguinte. Por iso, colocando bandas de cartón
ondulado ó redor dos troncos proporciónaselles un bo refuxio; ó
retirar estas bandas no outono (outubro-novembro), e destruílas,
elimínase parte da poboación nociva para a seguinte campaña.
Na secuencia que segue móstrase o proceso de instalación:
|
Pulgóns: |
Despois dun período sen observar colonias de pulgóns, vimos esta semana algún brote
illado con presenza de pulgón verde. Xeralmente, este áfido produce un dano máis
estético que doutro tipo, polo que de momento carece de importancia.
|
Araña vermella: |
Lembren que os tratamentos que se realicen fronte a este ácaro débense aplicar só se
se supera o 40-45% de follas ocupadas para protexer á fauna útil.
|
CASTIÑEIRO |
Tortrícidos do froito: |
Na nosa parcela de seguimento deste ano apenas temos capturas nas
trampas. Con todo, isto non ten por que suceder noutras zonas, polo que é aconsellable
empezar a colocar xa as bandas-trampa de cartón ondulado para atrapar ás eirugas
do tortrícido precoz, Pammene fasciana, que se retiran a invernar. De non
instalar estas bandas, as eirugas refuxiaranse en gretas da cortiza ata a primavera
seguinte, momento no que crisalidarán e nacerán novos adultos. ó retirar estas bandas
no outono-inverno e destruílas, eliminarase parte da poboación nociva para a seguinte
campaña.
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Nesta semana volvemos a capturar adultos na trampa de feromonas da nosa parcela
de seguimento, concretamente 11 machos.
|
|