|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
07/05/2010
VIÑA Estado fenolóxico: Acios
visibles - Acios separados |
Mildeu:
|
Detectamos
as primeiras manchas de aceite nas nosas parcelas de seguimento do Rosal e
Soutomaior. Nos demais terreos, cos tratamentos efectuados, non houbo avance da
enfermidade. Non obstante, a previsión meteorolóxica anuncia
tempo inestable para os próximos días, polo que hai que
permanecer alerta ante a posible aparición de novos síntomas e
tratar en caso de que se detecten.
|
Black
rot:
|
Apareceu no Condado unha folla con síntomas desta
enfermidade, que polo tanto se manifesta antes que na campaña anterior.
Aínda non é necesario tratar, pero hai que incrementar a
vixilancia en previsión de que as condicións climáticas
favorezan novas infeccións.
|
Trazas:
|
Ademais da instalación de trampas para a captura dos
machos destas especies, débese empezar a poñer atención
aos acios para detectar os primeiros signos de actividade larval naquelas
parcelas en que o estado fenolóxico estea máis
avanzado.
|
Ácaros: |
Recibimos na Estación as primeiras mostras de follas da
bisbarra do Salnés con presenza de ovos e formas móbiles
(larvas) de araña vermella Panonychus ulmi. Polo momento
só se trata dun ataque moi puntual, que por suposto non alcanza o limiar
de tolerancia, polo que non é necesario tratar pero si incrementar a
vixilancia (de acariose non detectamos aínda síntomas nin
individuos).
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Atopamos os primeiros síntomas da enfermidade na
nosa parcela de seguimento de Soutomaior sobre plantas que todos os anos
mostran fortes signos de infección como consecuencia da súa
elevada sensibilidade ao patóxeno. Ademais, tendo en conta que, segundo
a previsión meteorolóxica, haberá condicións
favorables nos próximos días, será necesario
tratar.
|
Oidio:
|
Naquelas parcelas en que se interveu fronte ao patóxeno
débese considerar que se o tratamento foi realizado cun produto a base
de xofre poderá ter sido lavado coas precipitacións que se
están a rexistrar e que haberá que renovalos, pois en plantas
testemuña que mantemos sen tratamento continúan a aparecer
síntomas.
|
MELOCOTOEIRO |
Lepra:
|
Continuamos a
recibir na Estación mostras con fortes ataques desta enfermidade. Para
frear o seu avance débense aplicar tratamentos a base de ziram ao
76%, renovándoos no caso de que se produzan
chuvias.
|
CAMELIA |
Pulgóns: |
Detectamos as
primeiras colonias de Toxoptera aurantii sobre os novos crecementos. Ata
o de agora a súa presenza é puntual e non se esperan incrementos
poboacionais significativos se, como anuncian as previsións, a
climatoloxía permanece inestable, pero aínda así
cómpre permanecer alerta.
|
Chloropulvinaria floccifera:
|
Tamén observamos as primeiras ninfas e femias novas desta
especie. Debido a que só atopamos individuos illados non é
urxente a aplicación dun tratamento, pero hai que poñer
máxima atención á aparición de novos
individuos.
|
|