|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
15/07/2010
VIÑA Estado fenolóxico: Peche do
acio |
Mildeu:
|
As condicións climáticas deste verán
están a ser moi favorables ás infeccións por este
patóxeno, pois de forma reiterada se producen precipitacións (ou
elevada humidade relativa) unidas a temperaturas elevadas. De feito, a
previsión meteorolóxica anuncia novamente chuvias para
mañá venres 16; a estas alturas de campaña o acio
aínda pode verse danado, polo que a recomendación que podemos
achegar é confirmar a eficacia dos tratamentos que se
realizan (recordar que coas chuvias se reduce o período de
protección dos produtos e se lavan as funxicidas de contacto) e
poñer en práctica as prácticas culturais que
favorezan a aireación dos acios.
|
Oidio:
|
As recomendacións achegadas para o mildeu son
aplicables tamén a esta enfermidade, no sentido de que se debe confirmar
que os tratamentos realizados frean a infección. Na revisión
efectuada ás nosas parcelas de seguimento observamos novos
síntomas unicamente nas plantas que mantemos sen tratamento, pero na
visita efectuada á bisbarra do Salnés o pasado luns comprobaramos
a súa presenza en acio nalgunhas parcelas e tamén estamos a
recibir mostras con danos importantes, especialmente en variedades
tintas.
|
Trazas:
|
Continúan a ser reducidas as capturas de trazas nas
trampas de feromona (nas parcelas da nosa rede, o máximo nesta semana
foron 9 machos de Lobesia botrana) e tamén a presenza de síntomas
é meramente ocasional. Non é necesario tratar.
|
Cicadélidos : |
Os niveis
de cicadélidos recollidos nas trampas son moi baixos, tanto nas nosas
parcelas de seguimento coma noutros terreos (segundo nos informaron os seus
técnicos). Tampouco nas observacións realizadas nas follas se ven
apenas ninfas. Polo momento non é necesario tratar.
|
Ácaros: |
Encontramos, en mostras recibidas na Estación, as
primeiras formas móbiles de Panonychus ulmi, pero a
súa presenza é puntual. Deberase incrementar a vixilancia, pois o
clima cálido e seco favorece a proliferación das súas
poboacións, pero se recomenda non tratar a menos que se confirme a
súa presenza para respectar a acarofauna útil que pode regular os
niveis de ácaros nocivos de forma natural.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Non vimos novos
síntomas da enfermidade nas nosas parcelas de seguimento. Non obstante,
a previsión meteorolóxica anuncia precipitacións para
mañá día 16, e polo tanto incrementarase o risco de
infección. Deberase manter a protección do
cultivo.
|
Cydia
pomonella: |
Mantense a situación referida a semana anterior no
tocante aos niveis de capturas de machos nas trampas instaladas nas parcelas da
nosa rede (por debaixo do limiar de tolerancia).
|
Pulgón laníxero::
|
Estase
a incrementar sensiblemente o nivel de parasitismo por Aphelinus mali
polo que, se se empregan insecticidas para o control doutras pragas,
aconséllase que se elixan de entre os máis inocuos para a fauna
útil, co obxectivo de protexer as poboacións deste
beneficioso.
|
Panonychus ulmi:
|
Na parcela onde a semana anterior se detectaran os primeiros
individuos deste ácaro, incrementáronse sensiblemente as
súas poboacións e superaron o albor de tolerancia,
manifestándose ademais os primeiros síntomas. Lembren que non
é conveniente tratar con acaricidas a menos que se confirme a presenza
destes artrópodos, pois en moitos terreos existen ácaros
beneficiosos que poden regular de forma natural as súas
poboacións.
|
|