|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
27/08/2010
-
O
presente aviso fitosanitario será o último que publicaremos nesta
campaña de forma sistemática, ao estar próxima a colleita.
Porén, como todos os anos, seguiremos emitindo novos avisos en canto
sexa necesario, xa sen unha periodicidade fixa.
-
Queremos agradecer a colaboración dos agricultores que nos permiten
visitar as súas parcelas e que interveñen segundo as nosas
recomendacións, e agradecer tamén os técnicos que
nalgún momento nos achegaron datos. E loxicamente, a todos aqueles que
nos leron e seguiron puntualmente, moitas grazas.
VIÑA Estado fenolóxico:
Maduración |
Nota sobre a
maduración.- Boa parte das adegas da provincia xa fixaron unhas
datas previstas de vendima, para os próximos días (entre o 10 e o
18, a maioría). Porén, para aqueles viticultores que non estean
acollidos a ningunha adega, achegamos a xeito de referencia o grao
alcohólico obtido en mostras de uva recollidas esta semana nas parcelas
da nosa rede de seguimento:
- |
Bisbarra do Salnes.- Tremoedo:
10.5º; A Modia: 10.5º; Castrelo: 11.5º |
- |
Bisbarra do Rosal.- Rosal:
9.5º |
- |
Bisbarra do Condado.- Vide:
12.5º |
- |
Bisbarra de Soutomaior.- Soutomaior:
9.32º |
|
Mildeu:
|
Únicamente
observamos manchas de aceite moi incipientes e esporádicas nos novos
agromados da nosa parcela de seguimento de Tremoedo, pero non nos demais
terreos, nin sequera nas plantas que mantemos sen tratamentos. As elevadas
temperaturas das semanas anteriores e a escaseza de precipitacións
interromperon o ciclo da enfermidade, e coa colleita tan próxima non
é probable que se desenvolvan síntomas en densidade abondo como
para producir xa defoliación, máis considerando que de cara
á próxima semana a previsión meteorolóxica anuncia
novamente tempo estable e caloroso.
|
Oidio:
|
Non
vimos novos síntomas, nin sequera nos órganos máis
sensibles (follas novas, "netos" e pámpanos).
|
Botrite:
|
Malia a
que se produciron algunhas precipitacións, na maioría dos casos
foron lixeiras e non suficientes como para manter durante tempo a humidade na
vexetación, polo que non se esperan danos de importancia, e ademais de
cara aos próximos días anúnciase tempo estable e
seco.
|
Trazas:
|
Continúa o voo das trazas, pero xa non é probable
que as eirugas produzan danos, dada a proximidade da vendima.
|
Cicadélidos : |
Nesta
semana non capturamos ningún exemplar de Scaphoideus titanus nas
trampas, pero sen dúbida continúa o seu período de voo.
|
Ácaros: |
Recibimos mostras con presenza de ácaros, e tamén
nalgunhas bisbarras obsérvanse síntomas. Neste momento da
campaña xa non se debe intervir antes da vendima (para que se cumpran os
prazos de seguridade), pero naquelas parcelas en que existisen
poboacións importantes é conveniente tratar despois da colleita,
para reducir as poboacións invernantes.
|
Outros: |
Lembrase a conveniencia de marcar as plantas con síntomas
que apuntan a enfermidades de madeira para, no momento de realizar as
podas, tratalas separadamente.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
A escasa
humidade que en xeral se está a rexistrar reduce o risco de
danos.
|
Cydia
pomonella: |
Como cada
ano indicamos, xa é un bo momento para a instalación de bandas de
cartón ondulado nas árbores para capturar neles as larvas que se
retiran para pasar o inverno. Eliminando estas bandas antes da primavera
redúcese a incidencia da praga para a próxima
campaña.
|
Araña vermella:
|
Coa colleita tan próxima non é conveniente aplicar
ningún tratamento acaricida (non se cumpriría o prazo de
seguridade dos acaricidas), pero naqueles terreos en que se rexistrasen
ataques importantes é conveniente reducir a poboación nociva
despois da recolección para evitar a posta de ovos
invernantes.
|
Outros: |
Estanse a observar baixo as árbores dalgunhas parcelas,
mazás no chan. Como sempre insistimos, cómpre recollelas,
pois sobre esta froita pódense instalar patóxenos do tipo
Monilia ou Botrite, ou mesmo pode servir de zona de posta para a
mosca da froita.
|
TOMATE |
Tuta
absoluta: |
Lémbrase que, para reducir poboacións para a
próxima campaña e así evitar os importantes danos que pode
producir esta praga (dende perda de masa foliar ata danos directos e indirectos
ao froito), cómpre eliminar todos os restos do cultivo do
ámbito dos invernadoiros.
|
|
|