|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
22/07/2010
VIÑA Estado fenolóxico: Peche do
acio |
Mildeu:
|
Ademais de sobre gromos novos das plantas que mantemos sen
tratamentos na campaña, atopamos manchas moi incipientes e illadas nunha
parcela de albariño na zona de Soutomaior. En realidade, nesta
campaña estanse a suceder de forma recorrente condicións
climáticas favorables ás contaminacións por este
patóxeno, polo que se recomenda manter a protección das
viñas mentres se dean estas circunstancias.
|
Oidio:
|
Polo
momento o acio continúa a ser sensible aos ataques deste fungo, e de
feito seguen aparecendo síntomas nas plantas control sen tratamentos e
tamén nesta semana vimos puntualmente algúns grans con novos
síntomas (tamén en mostras de diferentes bisbarras recibidas na
Estación). Confirmar a eficacia do último tratamento no caso de
ser efectuado recentemente e, no caso contrario, renovalo para evitar o
potencial rachado da uva que podería producirse.
|
Trazas:
|
As
poboacións de trazas continúan a ser moi baixas, tanto nas nosas
parcelas de seguimento coma noutros terreos, segundo a información
proporcionada por outros técnicos: as capturas nas trampas apenas
alcanzan os 10 machos (máximo de 3 nesta semana na nosa parcela de
Castrelo), e unicamente se observan penetracións illadas. Non é
necesario tratar.
|
Cicadélidos : |
Observouse
nesta semana un incremento nas poboacións de cicadélidos
(especialmente de Zygina rhamni), e de feito, na nosa parcela de
seguimento de Castrelo superouse o limiar de tolerancia por capturas de
individuos nas trampas. A situación que se rexistrou neste terreo
é única e polo tanto non xeneralizada, pois a densidade das
poboacións destes insectos depende de diversos factores e pode ser
variable mesmo entre parcelas da mesma bisbarra. Por este motivo,
aconséllase incrementar a vixilancia, e permanecer alerta a novos
avisos.
|
Ácaros: |
Nesta
semana, nas mostras que recibimos na Estación non encontramos individuos
de Panonychus ulmi, pero si puntualmente de Calepitrimerus vitis
(acariose). En calquera caso, a previsión meteorolóxica anuncia
elevadas temperaturas e tempo seco para os próximos días, o que
implica condicións favorables. Incrementar a vixilancia, pero unha vez
máis reiteramos a importancia de non intervir a menos que se confirme a
presenza de ácaros para respectar a acarofauna útil.
|
Outros: |
Cos
labores de esfollado que se están a realizar, algúns acios
empezan a manifestar síntomas de golpe de sol, polo que se
aconsella que, cando se faga este tipo de práctica, non se
expoñan demasiado os acios
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Nalgunhas
bisbarras, así como en mostras recibidas na Estación, vimos
manchas incipientes de moteado en follas. Cómpre tratar, pero debe
poñerse atención ao prazo de seguridade dos funxicidas empregados
no caso de variedades que estean próximas á
recolección.
|
Cydia
pomonella: |
Acadouse o limiar de tolerancia, por capturas de machos nas
trampas, nas nosas parcelas de seguimento. Tamén nesta semana se superou
o limiar de penetracións en froito nun dos nosos terreos.
Cómpre tratar, pero recordar que se debe respectar o prazo de
seguridade nas variedades máis próximas á
colleita.
|
Pulgón laníxero:
|
Continúa a incrementarse o nivel de parasitismo por
Aphelinus mali polo que se se empregan insecticidas para o control
doutras pragas, aconséllase que se elixan de entre os máis
inocuos para a fauna útil, co obxectivo de protexer as poboacións
deste beneficioso.
|
PATACA |
Epitrix
similaris:
|
Neste momento, en que está a ter lugar a recollida das
patacas, é moi importante retirar e eliminar os restos do cultivo
para dificultar que os adultos deste coleóptero se refuxien neles para
pasar o inverno
|
|