|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
12/08/2010
VIÑA Estado fenolóxico:
Envero |
Mildeu:
|
A
permanencia do tempo estable mantén a situación referida no aviso
anterior, atopándose unicamente presenza illada de manchas
nalgúns gromos. Ademais, as temperaturas tan elevadas que se
están a rexistrar levan a que, mesmo nas plantas control que mantemos
sen tratamentos, as manchas se estean a secar e non se desenvolva
esporulación. Aínda así, algunhas noites
rexístrase humidade foliar, polo que aínda poden aparecer
máis síntomas, sempre en folla agora que o envero xa está
establecido.
|
Oidio:
|
Como acontece no mildeu, o oídio non afecta ao acio unha
vez chegado o envero, polo que unicamente poden aparecer novos síntomas
en folla e pámpanos e tamén en acios netos, especialmente
nos máis escondidos e en variedades sensibles ou con ataques
anteriores.
|
Trazas:
|
As
capturas de adultos en trampas continúan a ser reducidas, pero
observouse nesta semana una maior presenza de postas e penetracións,
sen acadar o limiar de tolerancia. Por iso, débese incrementar a
vixilancia porque os danos que poden ocasionar as eirugas poderían
causar podremias nos acios, en especial naqueles de variedades máis
sensibles.
|
Cicadélidos : |
Nesta semana
tampouco observamos ningún incremento nas capturas de cicadélidos
nas trampas. Aínda así, poden incrementarse as poboacións
e, como anunciamos a semana anterior, poden aparecer os primeiros exemplares
de Scaphoideus titanus.
|
Ácaros: |
Obsérvanse síntomas da presenza de ácaros en
viñedos de diferentes bisbarras. En calquera caso, antes de realizar
calquera intervención débese confirmar que a
sintomatoloxía observada corresponde a estes artrópodos, e se se
trata de araña vermella ou de eriófidos, posto que existen
materias activas máis ou menos eficaces segundo a familia de
ácaro da que se trate.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Coas
condicións climáticas destes días continúa a ser
reducido o risco de infección. Non é necesario
tratar.
|
Cydia
pomonella: |
Segundo
as observacións nas nosas trampas, non se alcanza o limiar de
tolerancia, pero é importante manter a protección ata a recollida
da froita, respectando sempre o prazo de seguridade dos insecticidas
empregados.
|
Araña vermella:
|
Seguimos
a recibir mostras con presenza de Panonychus ulmi. No caso de confirmar
a presenza do ácaro en niveis superiores ao limiar de tolerancia,
débese aplicar un tratamento, respectando o prazo de seguridade nas
variedades máis temperás.
|
TOMATEIRA |
Tuta
absoluta: |
Informáronnos da presenza de fortes danos nalgúns
invernadoiros. Para o control desta praga, é imprescindible combinar
diferentes estratexias de control (sendo moi importante pechar os
invernadoiros con malla de tratamento para a couza) e, para reducir danos para
a próxima campaña, eliminar os restos do cultivo.
|
|
|