|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
05/08/2010
VIÑA Estado fenolóxico: (Peche
acio)-Envero |
Mildeu:
|
Confírmase a situación referida no aviso publicado
o luns día 2: obsérvanse, de xeito puntual, manchas de aceite con
esporulación incipiente nalgúns gromos de parcelas de
todas as bisbarras. En xeral trátase de gromos illados e cunha ou
dúas manchas por folla, sempre sen esporulación evidente
(mesmo nas plantas que mantemos sen tratamentos), situación
favorecida polas condicións climáticas de calor e ventos do
norte, que parece que se van manter. Debido a que o envero está
máis ou menos estendido (máis no Condado no Rosal,
situación intermedia no Salnés e menos avanzado en Soutomaior) xa
non se esperan danos nos acios, pero polo momento é cedo para falar xa
do fin dos tratamentos antimildeu na campaña.
|
Oidio:
|
Nas nosas parcelas
de seguimento unicamente observamos síntomas da enfermidade nas plantas
que mantemos sen tratar a xeito de control, especialmente na folla. Debido a
que o fungo, ao igual que o causante do mildeu, non afecta aos grans a partir
do envero, é pouco probable que poidan producirse danos a partir de
agora, pero polo momento debe poñerse atención aos terreos onde o
envero non estea xeneralizado, especialmente se hai períodos de
néboas ou nebulosidade.
|
Trazas:
|
Malia a que os
rexistros de capturas de machos nas trampas continúan a ser baixos,
observamos un lixeiro incremento no número de penetracións
larvarias na nosa parcela de seguimento de Castrelo. Tamén outros
técnicos nos informaron da mesma situación nalgúns terreos
de diferentes bisbarras, pero sen alcanzarse os niveis que xustifiquen unha
intervención. Incrementar a vixilancia.
|
Cicadélidos : |
Non
observamos nesta semana ningún incremento nas capturas de
cicadélidos nas trampas, e tamén as contaxes de ninfas en folla
son baixos. Porén, débese manter a vixilancia, non
só porque aínda poden aumentar as poboacións de
Empoasca vitis e Zygina rhamni, senón tamén porque
poderían empezar a capturarse, polo menos nas bisbarras onde xa se
localizou, adultos de Scaphoideus titanus, o cicadélido
transmisor da flavescencia dourada, grave enfermidade da vide non detectada
polo momento en Galicia.
|
Altica
quercetorum: |
Voltamos encontrar, na nosa parcela de seguimento de Condado,
adultos, ovos e larvas de diferentes estadíos deste crisómelido
defoliador, que polo momento non está a causar danos de
importancia.
|
Ácaros: |
En
xeral non se están a observar ataques de ácaros, aínda que
as condicións climáticas actuais lles son favorables. Manter a
vixilancia, pois nesta época adoitan rexistrarse incrementos
poboacionais nalgunhas bisbarras.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Continúa a ser moi baixo o risco de infección, ao
non haber humidade elevada e rexistrarse ventos do norte. Porén, debido
a que este patóxeno pode afectar á froita ata o momento da
colleita, cómpre manter a vixilancia.
|
Cydia
pomonella: |
En
ningunha das nosas parcelas de seguimento se alcanzou o limiar de tolerancia,
pero a froita aínda pode verse afectada polos ataques deste
lepidóptero. No caso de non efectuar seguimentos específicos do
voo do insecto, aconséllase manter a protección (respectando
sempre o prazo de seguridade dos insecticidas nas variedades de máis
pronta recolección), pois como sabemos as súas
poboacións poden variar segundo as bisbarras e mesmo os
terreos.
|
Araña vermella:
|
Nesta semana voltamos a recibir mostras con presenza de
araña vermella Panonychus ulmi e tamén observamos
síntomas do seu ataque en diferentes parcelas. Recoméndase tratar
(respectando o prazo de seguridade nas variedades máis
temperás) só no caso de observar o bronceado típico
que produce ou ben se se alcanza o limiar de tolerancia que neste momento
está ao redor de 30-40% de follas ocupadas.
|
VARIOS CULTIVOS |
Golpe de
sol: |
Debido á elevada insolación destes días,
estanse a observar froitos de diferentes cultivos con danos por sol ("golpes de
sol").
|
CASTIÑEIRO |
Tortrícidos da castaña: |
Nesta semana
capturamos, nas trampas de feromonas, exemplares dos tres tortrícidos da
castaña. De momento, e debido ao estado fenolóxico actual,
só se observan, e puntualmente, danos por Pammene
fasciana.
|
TOMATE |
Tuta
absoluta: |
Como medida de prevención para reducir danos na
próxima campaña, cómpre eliminar, dos invernadoiros e
terreos, os restos de cultivo conforme se vaia recollendo a colleita.
|
|
|