PARTICIPACIÓN DA
EFA NA XORNADA
TÉCNICA: PROBLEMÁTICA FITOSANITARIA DO KIWI NA PENÍNSULA
IBÉRICA
O martes 30 de Xuño de
2009 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da
Delegación de Pontevedra da
Xunta de Galicia a
Xornada Técnica Problemática Fitosanitaria do Kiwi na
Península Ibérica.
Na devandita xornada
participarán, entre outros técnicos do sector do kiwi, o Director
da Estación Fitopatóloxica do Areeiro, Jose Pedro Mansilla
Vázquez que impartirá unha conferencia sobre ás pragas e
patóxenos fúngicos que afectan ao kiwi na Península
Ibérica e Adela Abelleira Argibay que falará sobre os nematodos
fitopatóxenos e bacterias causantes de danos no devandito cultivo.
Finalmente, profesionais do sector, universidades e centros de
investigación participarán nunha mesa redonda na que
buscarán posibles vías de traballo para a mellora da defensa
sanitaria do cultivo do kiwi.