CONFERENCIA SOBRE OUTROS
USOS DA CAMELIA: ACEITE E TÉ
Carmen Salinero Corral,
adxunta a dirección da Estación Fitopatolóxica do Areeiro,
e especialista no cultivo da camelia, impartiu onte unha charla na sede da
Confederación de Empresarios de Ourense sobre outros usos e
aplicacións da camelia, como a elaboración do té a partir
dos gromos e follas de Camellia sinensis e a extracción de aceite
a partir das sementes dalgunhas especies de camelia para a elaboración
de cosméticos e produtos medicinais e para fins culinarios.
Na
EFA estanse a
levar a cabo experiencias de extracción de aceite a partir das sementes
de distintas especies e cultivares de camelia produtoras para a súa
posterior aplicación na industria alimentaria e cosmética. Na
actualidade este centro de investigación conta cunha plantación
experimental de Camellia sinensis, da que se estudará o seu
comportamento nas nosas condicións ambientais e da que se prevé
obter té a curto prazo.