PUBLICADAS DÚAS
NOVAS FICHAS TÉCNICAS DE DOUS ORGANISMOS NOCIVOS NA PÁXINA WEB DA
ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO: ALTICA DO CARBALLO ALTICA
QUECERTORUM E BLACK ROT GUIGNARDIA BIDWELII
Na sección Fichas
Técnicas da páxina web da
EFA
publicáronse dúas novas fichas de dous patóxenos que
afectan a dous cultivos de interese en Galicia: Altica quecertorum que
ocasiona danos no carballo e Guignardia bidwelii que afecta á
vide. Altica do carballo Altica quecertorum é un
coleóptero que constitúe unha praga de primeira orde para o
carballo ao que causa unha intensa defoliación, debilitándoo e
favorecendo a entrada doutros patóxenos. O Black Rot Guignardia
bidwelii é un fungo que aumentou a súa presenza en Galicia
nos últimos anos e que afecta especialmente a follas e acios da vide.