A DEPUTACIÓN DE
PONTEVEDRA A TRAVÉS DA
EFA INSTALOU UNHA
NOVA ESTACIÓN METEOROLÓXICA NO SALNÉS
A Deputación de
Pontevedra a través da
EFA instalou unha
nova estación meteorolóxica do tipo
iMetos nos terreos do Pazo de Baión (pertencente
á adega Condes
de Albarei). Os datos recollidos por esta estación serán
de carácter público e estarán publicados en Internet a
través daspáxinas da Deputación e servirán de
reforzo aos
seguimentos que os técnicos da Estación realizan
semanalmente en campo, proporcionando datos en tempo real, que
permitirán seguir a evolución das enfermidades da vide na zona do
Salnés.