PRESENTADO UN TRABALLO DE
INVESTIGACIÓN TUTELADO BAIXO A DIRECCIÓN DA
EFA
O mércores 30 de
xuño de 2010, a alumna de doutorado e bolseira JAE-predoc do CSIC na
Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Cristina Rial
Martínez, presentou o Traballo de Investigación Tutelado
"Detección e Identificación de Phytophthora alni en
Galicia" baixo a dirección da Estación Fitopatolóxica
do Areeiro. O traballo obtivo a cualificación de
Sobresaliente.