DETECTOUSE O NEMATODO DA
MADEIRA DO PIÑEIRO Bursaphelenchus xylophilus EN
GALICIA
A principios de novembro
detectouse nunha masa de Pinus pinaster do municipio das Neves
(Pontevedra) o nematodo da madeira do piñeiro Bursaphelenchus
xylophilus. En Europa identificouse por primeira vez en Portugal en 1999;
desde esa data estanse a realizar numerosas mostraxes na nosa comunidade co
obxectivo de previr a entrada e dispersión deste organismo, que ata
agora non aparecera e, de momento, só o fixo no lugar citado. Ó
tratarse dun patóxeno de corentena xa se están a establecer as
medidas oportunas para o seu control e erradicación.