A
EFA PARTICIPOU NO
CURSO DA USC "XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN NA PROBLEMÁTICA
FITOSANITARIA DO VIÑEDO"
A
EFA colaborou no
curso de verán da USC"Xornadas de Actualización na Problemática Fitosanitaria do
Viñedo", que tivo lugar no Auditorio Municipal de Santa Baia,
Concello de Ribadumia,
os días 8 e 9 de setembro.
Este curso abarcou distintos aspectos
relacionados coas pragas e enfermidades que afectan a este cultivo e contou coa
participación de varios investigadores da
EFA; Pedro
Mansilla, codirector do curso e xefe do Servizo do centro, disertou sobre os
patóxenos de corentena que afectan o viñedo; Adela Abelleira
impartiu unha conferencia sobre as enfermidades ocasionadas por nematodos,
bacterias e virus na vide; Olga Aguín comentou as principais
técnicas existentes para a detección e o diagnóstico das
podredumes de raíz que afectan a vide e Rosa Pérez Otero falou
sobre o control integrado dos parasitos da vide. Neste curso, ademais,
participaron outros investigadores e profesionais de distintos ámbitos
do sector vitivinícola en España.