UNHA DELEGACIÓN DA
CÁMARA DE AGRICULTURA DE ARSIN (TURQUÍA) VISITA A
EFA
O 15 de decembro visitou a
EFA unha
Delegación da Cámara de Agricultura de Arsin (Turquía),
interesada en coñecer as técnicas de produción e
comercialización do kiwi en Galicia. Esta institución colabora
activamente coa Asociación Profesional de Kiwicultures de Galicia dentro
dun proxecto de cooperación internacional europeo.
Este grupo
visitou os distintos laboratorios da Estación Fitopatolóxica do
Areeiro, entre eles o dedicado á análise
físico-química do froito do kiwi, que estuda aqueles
parámetros que garanten a calidade do froito do kiwi durante o seu
desenvolvemento na planta e a súa posterior conservación en
cámara.