PARQUE BOTÁNICO DO
CASTELO DE SOUTOMAIOR, NOMEADO XARDÍN INTERNACIONAL DE EXCELENCIA DE
CAMELIAS
O Parque Botánico
Soutomaior foi nomeado Xardín Internacional de Excelencia no Congreso da
Sociedade Internacional da Camelia do 2012, celebrado en Chuxiong (China), o 9
de febreiro. Esta candidatura foi aprobada por unanimidade por todos os
directores da ICS asistentes á reunión.
Con motivo deste
nomeamento o pasado 24 de marzo celebrouse no Parque Botánico de
Soutomaior un acto oficial para conmemorar o recoñecemento deste
xardín como Xardín de Excelencia Internacional. Neste acto
Patricia Short, presidenta da Sociedade Internacional da Camelia fixo entrega
ao Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán do
Diploma acreditativo deste nomeamento. Ademais plantouse unha camelia
conmemorativa deste evento xunto á entrada principal do castelo e
instalouse unha placa no centro do parque, xunto á Fonte da
Marquesa.
Patricia Short felicitou á Deputación de
Pontevedra polo magnífico traballo realizado na mellora de
xardín: "aceptastes o noso reto: conseguir que un bo xardín de
camelias se converta nun excelente xardín de camelias" e animoulles a
melloralo ao longo desta década. A Estación Fitopatolóxica
do Areeiro xogou un papel moi importante na obtención deste
recoñecemento, xa que se ocupou do mantemento, ampliación e
conservación da colección das máis de 440 plantas de
camelia distribuídas no parque.