|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
03/05/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
G (acios separados) |
Mildeu: |
A día de hoxe
aínda non localizamos a primeira mancha de aceite nas nosas parcelas de
seguimento. En realidade as temperaturas que se están a rexistrar
continúan a ser moi baixas, o que non favorece a súa
aparición, malia a humidade reinante. De feito, a porcentaxe de
desenvolvemento acumulado do mildeu case non variou dende o anterior aviso (ver aviso). En principio, as
previsións meteorolóxicas volven anunciar a posibilidade de que
as condicións meteorolóxicas melloren de cara á vindeira
semana; neste caso será necesario aplicar un tratamento, sobre todo se
non se efectúan seguimentos para detectar a primeira mancha. Lembren que aínda que apliquen ou teñan aplicado un
funxicida sistémico ou penetrante, o seu período de
protección redúcese fronte ao óptimo en presenza de
chuvias continuas. |
Botrite: |
Nestes días,
nalgunhas comarcas rexistráronse varios momentos con sarabia (e
tamén con ventos fortes). Este fenómeno meteorolóxico
provoca feridas e favorece a instalación de fungos como a botrite. Deste
xeito, nalgunhas parcelas da nosa rede e noutras de diferentes zonas
observamos síntomas en folla, que en laboratorio
desenvolveron a frutificación do fungo en apenas unhas horas. Debido
á sensibilidade dos acios aos ataques desta enfermidade, cómpre
aplicar un funxicida antibotrítico cando mellore o tempo, para
protexer a futura floración.
|
Excoriose: |
Estamos a recibir
nestes días numerosas consultas sobre a excoriose, enfermidade
á que ás veces se atribúen síntomas e danos que non
sempre se deben a esta patoloxía. É unha enfermidade que pode
ocasionar danos en primaveras chuviosas, cando a humidade relativa supera o
85%, momento no que os picnidios do fungo emiten os cirros que serán
diseminados a curtas distancias. Para o control da excoriose, ademais das
medidas preventivas aplicables a todas as enfermidades da madeira da vide
(desinfección de ferramentas de poda, eliminación de restos...)
son moi importantes os tratamentos no agromado, estados fenolóxicos D e
E, segundo indicamos no aviso
fitosantario do día 20 de marzo. Durante a campaña, os
tratamentos antimildeu tamén teñen algún efecto fronte a
esta patoloxía.
Algúns viticultores confunden os seus
síntomas cos doutras anomalías como ácaros ou
problemas no crecemento causados por cambios nas condicións
climáticas (cambio de calor a frío, por exemplo). Por iso
é moi importante saber recoñecelos:
- na base dos pampos (a nivel dos tres primeiros
entrenós) obsérvanse manchas escuras e deprimidas. Ao principio
aparecen como puntos negros, pero despois vanse estendendo, conflúen, e
adquiren o aspecto de "mazaduras". Cando a severidade da enfermidade é
alta, a base do pampo chega a estrangularse e, ante condicións de vento,
rompe.
- nas follas, sobre todo no ámbito dos nervios, e
nos pecíolos, aparecen pequenos puntiños de cor marrón
escura ou negra coa marxe amarela. Este é o síntoma que
máis frecuentemente se confunde co debido a ácaros, aínda
que son diferentes. Se a intensidade da enfermidade é elevada, a folla
pode deformarse e amarelar na súa totalidade, e mesmo chega a
caer.
- nos acios é difícil ver síntomas
da enfermidade; de aparecer, serán manchas de cor castaña que se
tornan escuras e que presentarán puntos negros (picnidios) dispostos en
círculos concéntricos.
- no inverno prodúcese a manifestación
máis clara da enfermidade: embranquecido da madeira agostada salpicada
de numerosos puntos negros (picnidios). Tamén poden observarse os
síntomas descritos para os pampos en primavera, pero neste caso en
madeira agostada.
|
Couzas: |
Iniciouse o voo de Lobesia botrana, segundo
vimos nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento.
|
MACEIRA |
Moteado: |
Cómpre
recordar que esta enfermidade vese favorecida por condicións
húmidas e temperaturas elevadas, polo que se soben as temperaturas
será necesario tratar.
|
Pulgóns: |
Non observamos
incremento algún no número de colonias do pulgón cincento,
pero si un lixeiro incremento na presenza do pulgón
laníxero.
|
Cydia
pomonella: |
Capturamos o primeiro
macho nas trampas de feromona. Polo momento non é necesario tratar, pero
si incrementar a vixilancia.
|
CULTIVOS HORTÍCOLAS EN XERAL |
Varios fungos
patóxenos: |
Como acontece noutros
cultivos, tan pronto como cesen as precipitacións e ascendan as
temperaturas haberá que protexer as plantas fronte aos patóxenos
que adoitan afectarlles, debido ás condicións húmidas que
se rexistran en xeral e máis a nivel do chan.
|
|
|