|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
19/07/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
K (grans tamaño chícharo) -
L (peche do acio) |
Mildeu: |
Durante a pasada fin
de semana continuaron a rexistrarse condicións de infección e
esporulado. Deste xeito, nas plantas control (sen tratamentos) xa vimos
novas manchas, mesmo abundantes, e novos síntomas tamén no
acio, pola rapidez do ciclo da enfermidade nesta época. Nas plantas
sometidas a tratamento nas nosas parcelas, só comezan a aparecer novas
manchas naquelas que non foron tratadas dende hai tempo. Aínda
así, seguimos recibindo consultas de ataques de mildeu larvar no
acio que, segundo nos informan, se observan tras facer o esfollado, e que
probablemente proveñan de intervencións anteriores pouco
eficaces. As previsións meteorolóxicas anuncian
condicións secas e estables para os vindeiros días, o que, unido
ás elevadas temperaturas que se están a rexistrar, serán
desfavorables ao avance da enfermidade. Polo tanto, en xeral non
é necesario tratar, pero si manter a vixilancia.
Malia a recomendación xeral, debido a que o mildeu
aínda pode afectar ao acio, naquelas fincas nas que se observen
síntomas non controlados haberá que renovar, sen demora, os
tratamentos
O pasado martes día 17 chegáronse a superar os
30ºC durante varias horas nalgunhas estacións meteorolóxicas
(cunha máxima de 37,8ºC en Cequeliños -Arbo- segundo os
datos de Meteogalicia), situación que en teoría debilita os
esporanxios de fungo. Tamén dende ese día a humidade relativa
media rolda o 55-60% e non hai humidade foliar, o que debe impedir o avance das
novas infeccións. Non obstante, é necesario comprobar no campo
estes feitos, pois só se cumprirán se estas cifras se
rexistran a nivel da vexetación
En boa parte das viñas xa se realizaron esfollados e
podas en verde pero aínda se observan fincas co exceso de
vexetación derivado das chuvias desta campaña, e tamén
mesmo coa vexetación dos camiños demasiado desenvolvida, o que
dificulta a aireación dos acios que é necesaria para reducir a
incidencia das enfermidades fúnxicas
|
Oídio: |
Nesta semana vimos
dous acios nas nosas parcelas de seguimento de Castrelo e de Eiras onde
empezaba a observarse o micelio do fungo en dous grans. Nas demais
fincas non vimos síntomas, nin sequera nas plantas control. En "grans
tamaño chícharo" a uva é moi sensible ao fungo, polo que
cómpre tratar a menos que o acio estea protexido por unha
intervención anterior.
Hai que ter en conta que o fungo atopa as súas
condicións máis favorables de desenvolvemento con temperaturas
altas e humidade. A humidade relativa na nosa zona adoita ser sempre bastante
elevada, suficiente para garantir o desenvolvemento, co que tras estes
días de calor é moi importante poñer a máxima
atención e tratar se é necesario co fin de evitar a
extensión da enfermidade, xa que o oídio é extremadamente
difícil de controlar unha vez na viña
O esfollado e a eliminación do exceso de
gromos das viñas son prácticas culturais que tamén
contribúen ao control do fungo ao incrementar a
iluminación e reducir a humidade relativa no ámbito dos
acios
|
Botrite: |
As condicións
máis estables que comezan a rexistrarse non favorecen a
instalación do fungo nos acios. Aínda así, e como
referimos no aviso anterior, nas variedades máis sensibles que todos os
anos adoitan presentar danos é conveniente aplicar un tratamento
preventivo neste estado da uva, máis tendo en conta as chuvias que se
produciron.
Na instalación do fungo na uva é determinante a
presenza de lesións; se existen estas feridas na parte interna dos
grans, estas zonas quedarán inaccesibles á maioría dos
funxicidas tras o peche do acio
No caso de aplicar este tratamento preventivo, pode dirixirse
unicamente aos acios
|
Black rot: |
Non observamos avance
algún na presenza de síntomas da enfermidade na nosa parcela do
Condado, probablemente debido ás condicións máis
desfavorables que se están a rexistrar nesta semana.
|
Polillas: |
Nesta semana
incrementáronse lixeiramente as capturas de Lobesia botrana
nalgunhas das nosas parcelas de seguimento, pero as cifras de machos recollidos
continúan a ser moi baixas. Tampouco observamos novas
penetracións larvais (nin postas). A tendencia de clima estable pode
favorecer o incremento das poboacións, aínda que é ben
certo que as temperaturas tan altas que se están a rexistrar son
desfavorables ao secar as postas, polo que en xeral non é necesario
tratar.
Non é conveniente aplicar insecticidas fronte a esta
praga a menos que sexa realmente necesario. Ademais, teñan en conta que
moitos dos produtos dispoñibles no mercado se dirixen ao control
dunha/s fase/s concreta/s de desenvolvemento, polo que só terán
eficacia aplicándoos no momento oportuno. Por iso, é
conveniente a instalación de trampas, xa que unha
recomendación de tratamento xeneralizada non sempre é
xustificable para todas as situacións
|
Cicadélidos: |
Nas nosas parcelas de
seguimento a situación en canto a capturas nas trampas e presenza de
ninfas nas follas continúa estable. Malia a este feito, lembren que a
contía das poboacións pode ser variable mesmo entre parcelas da
mesma comarca, aínda que tampouco convén aplicar tratamentos
se o número de insectos non supera o limiar de tolerancia.
|
Altica: |
Nesta semana xa non
observamos novos síntomas.
|
Ácaros: |
Seguimos sen observar
síntomas de ácaros e sen encontrar formas móbiles ou
postas nos controis que realizamos semanalmente ás follas. Aínda
así, non de viña senón de maceira (ver abaixo), recibimos
a primeira mostra con presenza de Panonychus ulmi, especie que
tamén pode atacar á vide polo que se recomenda incrementar a
vixilancia.
Novamente temos que insistir en que non se deben aplicar
tratamentos acaricidas a menos que se confirme a presenza dos ácaros
nocivos para non prexudicar aos fitoseidos, os principais inimigos naturais
destas pragas
|
MACEIRA |
Moteado: |
Coa elevación
da temperatura e o descenso na humidade relativa o risco de infección
redúcese sensiblemente. Malia a isto, débese manter a vixilancia,
pois o fungo pode afectar aos froitos ata o momento da súa
recolección.
|
Cydia
pomonella: |
Volveu superarse o
limiar de tolerancia en dúas das nosas parcelas de seguimento. Lembren
que o nivel a partir do que se debe tratar é de 3 adultos por trampa e
semana e que o voo desta especie é continuo.
|
Pulgóns: |
O cambio rexistrado
na climatoloxía pode favorecer a proliferación de novas colonias
das diferentes especies de pulgón. Lembren que o pulgón
cincento pode deformar os froitos e que o pulgón
laníxero pode causar danos importantes á planta (o
pulgón verde é o menos nocivo).
|
Araña vermella
(Panonychus ulmi): |
Recibimos a primeira mostra con formas
móbiles deste ácaro. Débese incrementar a vixilancia,
máis considerando que o tempo seco e as temperaturas elevadas favorecen
a proliferación das súas poboacións.
Como indicamos na viña, non se deben aplicar
tratamentos acaricidas a menos que se confirme a presenza dos ácaros
nocivos e que estes superen os niveis de tolerancia para non prexudicar aos
seus inimigos naturais fitoseidos
|
PLANTAS
ORNAMENTAIS |
O tempo estable pode
favorecer a aparición de pulgóns e doutros insectos
chupadores como cochinillas. Debido a que algúns destes insectos
segregan melaza sobre a que poden instalarse fungos de fumaxina, cómpre
incrementar a vixilancia.
|
PLÁTANO DE SOMBRA |
Tigre do plátano
(Corythuca ciliata): |
Nas alamedas e paseos do sur da
provincia estanse a empezar a observar os síntomas do ataque deste
insecto, que pode comprometer o valor ornamental das árbores e mesmo
provocar a caída temperá da folla. Os produtos rexistrados para o
seu control no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio son alfa
cipermetrin 10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC]
P/V.
|
|
|