|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
26/07/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
L (peche do acio) |
Mildeu: |
A situación
observada nas nosas parcelas de seguimento foi diferente segundo se tratara
de folla ou de acios: nestes últimos a enfermidade continuou o seu
avance só nas plantas control, mentres que nas follas algunhas parcelas
presentaban manchas incipientes sobre as máis tenras. Boa parte destas
manchas incipientes non presentaban esporulado, pero algunhas xa mostraban a
frutificación do fungo. Finalmente, ao longo da semana transcorrida
dende o aviso anterior, houbo humidade foliar nalgunhas localidades (por
exemplo cifras de 3,7 a 9,9 horas por día entre o 19 e o 22 na
estación de Meder, segundo datos de Meteogalicia) ou unha humidade
relativa máxima moi elevada (con valores sobre o 90% en moitas
estacións e ata 100 por exemplo en Cequeliños nos mesmos
días segundo a mesma fonte).Por outra banda, dende o día 23
rexístranse néboas densas, ás veces persistentes, e
nebulosidade, e as previsións meteorolóxicas anuncian tormentas
locais, que son condicións moi favorables ás infeccións.
Polo tanto, e debido a que o acio aínda pode sufrir danos polo
patóxeno, recoméndase aplicar un tratamento naquelas fincas nas
que non se teña efectuado recentemente.
Nas parcelas protexidas por unha intervención anterior
débese revisar, malia o dito anteriormente, o estado das plantas,
especialmente se está próximo a concluír o período
de protección
|
Oídio: |
Comezan a observarse
novos síntomas nas plantas control, sen dúbida a
consecuencia da humidade elevada que se está a rexistrar e das
néboas persistentes dos últimos días. Nas plantas tratadas
non vimos máis, pero as actuais condicións ambientais son
favorables ás infeccións, polo que se aconsella extremar a
vixilancia.
Como sempre dicimos, as parcelas recén tratadas
tamén deben ser revisadas, sobre todo se existen condicións
favorables ao patóxeno
|
Botrite: |
Non observamos
síntomas. Manter a vixilancia, especialmente nestes dous días de
maior inestabilidade climática.
|
Black rot: |
Os síntomas na
nosa parcela de seguimento do Condado continúan a ser estables, e
tampouco recibimos novas consultas sobre a presenza da enfermidade noutras
zonas.
|
Couzas: |
Nesta semana, só nas
trampas de dúas das parcelas da nosa rede houbo capturas de Lobesia
botrana (5 machos nun das fincas do Rosal e 1 na de Castrelo). Tampouco
observamos postas nin máis penetracións.
Lembren que non é conveniente aplicar insecticidas no
viñedo (fronte a esta ou outras pragas) a menos que sexa realmente
necesario, para o cal se deben instalar trampas (que indicarán o
momento idóneo de tratamento) e realizar o seguimento das postas e
penetracións larvais.
|
Cicadélidos: |
Tamén nesta semana case non tivemos
novas capturas nas trampas instaladas nas nosas parcelas, e as que houbo foron
maioritariamente de Zygina rhamni. Igualmente, non observamos ninfas nos
controis que efectuamos ás follas. Tampouco vimos estados inmaturos de
Scaphoideus titanus nin capturamos aínda ningún adulto nas
trampas.
|
Ácaros: |
Unha semana
máis temos que referir a ausencia de ataques de ácaros, tanto nas
nosas parcelas de seguimento coma nas mostras recibidas na
Estación.
|
Outros (golpe de
sol): |
Empézanse a observar danos por golpe de
sol nalgúns acios máis expostos, especialmente nas comarcas do
Condado e do Rosal. Por iso, aínda que o esfollado é unha
práctica moi recomendable, non debe ser moi intenso (como se observou
nalgunhas fincas) para non expoñer repentinamente os acios á
radiación solar.
|
MACEIRA |
Moteado: |
O incremento da humidade, unido ao
mantemento de condicións de temperatura elevada, incrementan o risco de
infección. Cómpre aplicar un novo tratamento, sobre todo naquelas
plantacións onde anteriormente se detectara a presenza do fungo.
|
Cydia
pomonella: |
Nesta semana as
capturas de machos nas trampas das nosas parcelas de seguimento
mantivéronse por debaixo do limiar de tolerancia. Lembren que o nivel a
partir do que se debe tratar é de 3 adultos por trampa e semana e que o
voo desta especie é continuo ao longo de todo o ciclo da planta.
|
Pulgóns: |
Empezamos a observar novas colonias de pulgón verde e
as primeiras de pulgón cincento nalgunhas árbores.
|
Araña vermella
(Panonychus ulmi): |
Nesta semana recibimos
unha nova mostra con ataque deste ácaro. A semana pasada recibiramos a
primeira, e nas nosas parcelas de seguimento non hai signos da súa
presenza, polo que en principio se trata de situacións puntuais. Non
é necesario tratar pero si manter a vixilancia.
Lembren que os ácaros útiles fitoseidos,
cando están presentes nunha parcela e non se efectúan tratamentos
indiscriminados que os prexudiquen, poden regular naturalmente as
poboacións dos ácaros praga, polo que non se debe tratar a menos
que sexa realmente necesario. Estes ácaros beneficiosos son frecuentes
en moitas fincas da nosa área
|
Outros: |
Continúan a observarse en
moitas zonas mazás caídas ao chan en fase de podremia que, como
sempre indicamos, deben ser retiradas para reducir o nivel de inóculo de
certos patóxenos como Monilia sp. ou botrite.
|
MARMELEIRO |
Oidio: |
Nalgunhas plantas comezan a observarse novos
síntomas da presenza do fungo. É necesario tratar.
|
Entomosporium
maculatum: |
Volven
observarse novas manchas debidas a este fungo, que debe ser controlado para
evitar a perda prematura das follas que comprometería a
maduración da froita. Recoméndase aplicar un tratamento
(consulten aos técnicos sobre o funxicida a utilizar).
|
PLANTAS ORNAMENTAIS |
Empezan a observarse
colonias de pulgón e ataques de cochinillas en diferentes plantas, tanto
herbáceas coma leñosas. Nalgúns casos, a presenza de
colonias é xa importante, como nalgunhas árbores das nosas
cidades, onde os áfidos están a xerar cantidades importantes de
melaza.
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Capturamos os
primeiros machos nas trampas que temos instaladas.
|
|
|