|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
14/06/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
I (floración) - J
(callado) |
Mildeu: |
Nestes días
rexistráronse novamente condicións de infección e
esporulado. Non obstante, esta reiteración de condicións
favorables ata o de agora non se reflectiu de forma moi evidente no campo,
malia aos estados tan sensibles (fin de floración e/ou callado) nos que
se atopa a vide. Nas plantas que se someten a tratamentos é normal esta
situación xa que polo xeral calquera intervención está
a controlar ben a enfermidade este ano, no que polo momento o mildeu non
está a demostrar unha agresividade elevada. Non é tan normal,
non obstante, nas plantas que non reciben tratamentos, nas que tampouco
nesta semana vimos apenas síntomas, e os existentes son case na
súa totalidade antigos. Polo tanto, reafirmamos a recomendación
da semana anterior: manter un alto nivel de vixilancia e tratar
unicamente se se observan novos síntomas ou se as manchas antigas
presentan zonas de avance.
As previsións meteorolóxicas anuncian que, a
priori, transcorrido este fin de semana se recuperará o clima estable e
chegarán ventos do norte, o que secará o exceso de humidade
destes días. Se realmente se cumpre o anunciado, superarase sen
excesivos problemas a que quizais é a etapa máis sensible da vide
a esta enfermidade, aínda que poden producirse danos ata o envero.
|
Oidio: |
Nesta semana observamos os primeiros
síntomas en plantas que reciben tratamentos, aínda que moi
esporadicamente e unicamente en folla, non en acio. Na variedade tinta onde
xa os detectaramos anteriormente, continúan o seu avance, aínda
que tamén lentamente, coma nas plantas testemuña. Polo tanto, se
se aplica algún outro tratamento neste momento, pódese engadir un
funxicida antioídio; nos demais casos, cómpre manter a
vixilancia, pero non se considera necesario tratar.
|
Botrite: |
Malia as
condicións climáticas destes días, non vimos
síntomas de botrite sobre os capuchóns florais, que polo xeral se
están a desprender sen problema. Polo tanto, en xeral non é
necesario aplicar o tratamento post-floral, especialmente se, como anuncian as
previsións, entra novamente o anticiclón e os ventos do
norte. Só naquelas variedades especialmente sensibles ao fungo
deberase aplicar o citado tratamento.
|
Black rot: |
Non observamos
incremento algún na presenza deste patóxeno nas parcelas de
seguimento da nosa rede, nin sequera nas plantas control. Aínda
así, débese manter a vixilancia, xa que nos atopamos nun momento
de elevada sensibilidade dos acios. Non obstante, e como xa referimos
repetidamente, se as condicións climáticas melloran, o risco de
sufrir danos por esta enfermidade reducirase sensiblemente. Para máis
información sobre este patóxeno, consulte a nosa ficha
técnica
Nº52:
Guignardia_bidwelii (Ellis) Viala & Ravaz. Black Rot (podremia da
vide)
Neste momento, os síntomas sobre o acio son murchado dos
grans, que secan rapidamente (en 3-4 días) adquirindo a pel unha
coloración violácea e cubríndose de picnidios. Pero
atención: nun mesmo acio poden coexistir grans con distinto grao de
ataque, de xeito que haberá uvas totalmente momificadas e outras
só parcialmente afectadas.
|
Couzas: |
Tanto as capturas de
machos de Lobesia botrana nas trampas coma a presenza de
glomérulos é reducida. De feito, nesta semana en varias parcelas
non recollemos ningún individuo na trampa e tampouco vimos novos
síntomas da actividade das eirugas.
|
Altica
quercetorum: |
Incrementouse lixeiramente a presenza de
síntomas debidos á actividade das larvas desta praga,
aínda que en nivel insuficiente como para xustificar unha
intervención.
|
Cicadélidos: |
O número de adultos recollidos nas
trampas segue a ser reducido, aínda que se observaron máis larvas
nos controis no revés das follas. En calquera caso, o seu número
é moi baixo e non é necesario tratar.
|
Ácaros: |
Unha semana
máis, nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na
Estación, vimos síntomas de ácaros. Non é necesario
tratar.
|
Outros: enfermidades da
madeira: |
Nalgúns predios
empézase a observar a presenza dun escaso desenvolvemento da
vexetación, e mesmo secado de parte dela, nalgúns brazos. Esta
sintomatoloxía apunta a que se trata dunha enfermidade da madeira; no
caso de que o síntoma estea restrinxido, pode procederse logo da
floración (e con tempo seco) a unha poda do brazo afectado,
desinfectando moi ben a tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non
é así, aconséllase que xa se proceda ao marcado das
plantas pensando en mantelas ben identificadas de cara ao seu tratamento
diferenciado xa no momento da poda.
|
MACEIRA |
Moteado: |
Se non se aplicou o tratamento
recomendado na semana anterior, será conveniente realizalo, posto que
nas variedades sensibles estanse a observar novos síntomas e as
condicións ambientais destes días foron favorables ao
fungo.
|
Oidio: |
Non vimos novos
síntomas nesta semana, polo menos nas nosas parcelas de
seguimento.
|
Cydia
pomonella: |
Nesta semana as
capturas nas trampas das nosas parcelas de seguimento non alcanzaron o limiar
de tolerancia, e de feito nunha delas non se recolleu ningún macho. De
todos os xeitos, lembren que as poboacións poden ser diferentes
segundo as parcelas, co que se aconsella que as plantas estean protexidas
se non se efectúan seguimentos específicos.
|
NOGUEIRA |
Antracnose: |
Nesta época,
debido á climatoloxía que tivemos (chuvias e temperaturas suaves
en xeral) estanse a observar síntomas desta enfermidade en moitas
árbores. Naqueles casos nos que a presenza de síntomas do fungo
sexa elevada, e sobre todo se son árbores novas que poden ver o seu
desenvolvemento comprometido por perder parte da folla, aconséllase
aplicar un tratamento.
Os funxicidas que recolle o Rexistro do Ministerio para este uso
son mancozeb e ziram como produtos de contacto, e miclobutanil como
sistémico.
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Como é sabido,
este inverno pasado víronse en piñeiros (e tamén en cedros
de parques e xardíns) abundantes bolsóns de procesionaria. En
poucas semanas agárdase que se inicie o voo dos primeiros adultos, polo
que é recomendable a instalación de trampas de feromona para o
seu seguimento.
|
SALGUEIROS |
Crisomélidos: |
Este ano, e dende fai
xa unhas semanas, estanse a observar en moitas zonas síntomas do ataque
destes insectos en salgueiros das ribeiras dos ríos,
aliñacións, etc. Os síntomas consisten en erosións
e pequenos orificios debidos á actividade alimenticia de adultos e
larvas. Neste último caso, e debido a que estas respectan a epiderme
superior das follas e os nervios, o síntoma aparece como unha
armazón ou rede. Nalgúns casos, e segundo nos informaron, as
poboacións están a ser tan elevadas como para dar un aspecto seco
ás árbores. O Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio
unicamente recomenda o "aceite de parafina 100% [UL] P/P" (líquido para
aplicación por ULV) como insecticida de uso en especies frondosas, polo
que calquera potencial intervención deberase realizar con este produto.
Tamén chopos e ameneiros adoitan sufrir
ataques de crisomélidos na nosa zona, co que a recomendación do
insecticida é a mesma, ao tratarse tamén de especies
frondosas.
|
|
|