|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
05/07/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
K (grans tamaño
chícharo) |
Mildiu: |
Dende a
emisión do aviso anterior estivéronse a rexistrar de forma
practicamente continua condicións de infección secundaria e
esporulado. En realidade, estas condicións déronse
dende practicamente todo o mes de xuño, coincidindo cos períodos
de máis elevada sensibilidade do acio á enfermidade. No campo,
esta situación favorable traduciuse na existencia de ataques de
intensidade diferente segundo a comarca e/ou as parcelas, pero practicamente
presentes en todas elas independentemente da estratexia de intervención
e do tipo de funxicida utilizado. Debido a esta situación, e
tamén a que a curto prazo as previsións meteorolóxicas
anuncian a continuidade do tempo inestable, É
NECESARIO APLICAR UN TRATAMENTO O ANTES POSIBLE. A
intervención pode efectuarse aproveitando períodos sen chuvia
sempre que a vexetación estea seca e que transcorra como mínimo
unha hora entre a aplicación e posibles chuvias, e é moi
importante non demorala, posto que coas temperaturas que se están a
rexistrar, logo de cada precipitación agárdase a
aparición de novas manchas esporuladas nun prazo de 5-6
días.
- Ao terse acadado o estado de "grans tamaño
chícharo", pódese intervir xa con produtos a base de cobre
formulados cun penetrante. - Lembren que é fundamental
confirmar a eficacia dos tratamentos efectuados comprobando que non
existen novos síntomas nin zonas de avance nos órganos afectados
nos días seguintes á intervención.
Debido ás condicións de clima favorable ao
desenvolvemento das plantas, nalgunhas viñas pódese eliminar xa o
exceso de vexetación mediante podas en verde para favorecer a
aireación dos acios. Co mesmo obxectivo, pode realizarse un esfollado
lixeiro naquelas zonas nas que os acios estean especialmente inaccesibles
ás intervencións fitosanitarias.
|
Oídio: |
Vimos novos síntomas do
fungo na folla e tamén nalgún acio illado, tanto en plantas
control como de variedades tintas. Sobre albariño unicamente se
observaron na folla e nunha única parcela. Como se sabe, as chuvias de
intensidade moderada (como as que puntualmente se produciron) non son as
condicións máis favorables ao fungo pero si a humidade relativa
elevada que se rexistra, co que se aconsella aproveitar a
intervención antimildeu para aplicar un funxicida
antioídio.
Lembren que en "grans tamaño chícharo" a uva
é moi sensible a este fungo, e polo tanto é un momento
idóneo para aplicar un tratamento se non se realizan seguimentos
específicos da evolución da enfermidade.
|
Botrite: |
As condicións
climáticas destes días, que combinan humidade e temperaturas
elevadas, son moi favorables á enfermidade. Non obstante, no
desenvolvemento do fungo responsable inflúen moi directamente outros
factores entre os que se encontra a presenza de feridas (por couzas por
exemplo), ou a sensibilidade da variedade (normalmente relacionada co grosor da
pel e a compactidade do acio). Nas nosas parcelas de seguimento non vimos
síntoma ningún debido a que a uva se atopa libre de
lesións e a que a práctica totalidade das plantas son de
albariño, que non é moi sensible ao patóxeno. Nas
parcelas de variedades máis sensibles, este ano tan húmido
cómpre estar moi alerta á posible aparición de
síntomas, e mesmo aplicar un tratamento se existe a posibilidade de
que a uva teña lesións de calquera natureza.
Ao igual que indicamos no mildeu, é moi importante
favorecer a aireación dos acios mediante podas en verde e/ou esfollados
(lixeiros neste momento) para limitar as condicións favorables ao
patóxeno.
|
Black rot: |
Na nosa parcela de seguimento do Condado os
síntomas non sufriron avance ningún dende hai semanas e non
observamos ningún dano no acio. Non obstante, segundo nos informaron,
empezaron a aparecer noutras fincas da zona. Debido a que despois das chuvias
en practicamente todas as parcelas se aplicarán tratamentos antimildeu e
antioidio, naquelas zonas onde a incidencia da enfermidade é máis
elevada débense elixir funxicidas con efecto fronte a esta outra
enfermidade.
Como recomendación adicional, aconséllase
eliminar os acios que xa presenten síntomas para reducir o nivel de
inóculo.
|
Couzas: |
En xeral,
as capturas de Lobesia botrana nas trampas incrementáronse
lixeiramente en todas as nosas parcelas de seguimento, e en A Modia este
incremento foi especialmente notorio. Por outra banda, recollemos os primeiros
tres machos de Eupoecilia ambigüella na trampa de Tremoedo.
|
Cicadélidos: |
Voltamos notar un aumento nas
capturas de cicadélidos nas trampas, especialmente de Zygina
rhamni (máis que de Empoasca vitis). Non obstante, non
contamos ningunha ninfa nos controis ao azar que realizamos ás follas.
Tampouco de Scaphoideus titanus observamos ninfas.
|
Ácaros: |
Seguimos sen atopar
síntomas de ácaros nin tampouco formas móbiles nas follas
que recollemos semanalmente nas nosas parcelas de seguimento (e tampouco nas
mostras recibidas).
|
Outros (enfermidades da
madeira): |
As condicións de elevada
temperatura que se rexistraron a principios da semana anterior favoreceron a
aparición a nivel das follas de síntomas típicos de
enfermidades da madeira. Como sempre indicamos, é moi importante marcar
estas plantas agora que son doadas de localizar para que poidan ser podadas de
forma separada no seu momento, e evitar así a dispersión destas
enfermidades, que está moi favorecida polas podas.
|
MACEIRA |
Moteado: |
A elevada humidade que se
está a rexistrar dende finais da semana anterior propiciou a
aparición de novos síntomas. Cómpre tratar para
evitar danos no froito
|
Cydia
pomonella: |
En dúas das
nosas parcelas de seguimento volveuse superar o limiar de tolerancia polo
número de capturas de machos nas trampas, polo que se vai aplicar un
tratamento. Novamente temos que insistir en que se non se coñece o
estado da plantación en relación coa presenza desta praga,
débese manter unha protección constante, xa que a actividade
deste insecto é continua ao longo da campaña.
|
Outros (varios
fungos): |
Naquelas variedades de
maduración temperá xa se están a observar, baixo as
árbores, mazás caídas ao chan. Como sempre insistimos,
estas mazás deben ser eliminadas, pois sobre esta froita se poden
instalar patóxenos como Monilia ou Botrytis. Tamén
estes froitos poden servir de zona de posta para a mosca da froita
|
PEREIRA
|
Moteado: |
Ao igual que no caso da maceira,
as precipitacións que se están a rexistrar (e a elevada humidade
que existe nos períodos sen chuvias) están a favorecer a
aparición de síntomas, tanto en folla coma en froito, polo que se
recomenda aplicar un tratamento cun funxicida rexistrado.
|
FROITEIRAS DE ÓSO |
Ao igual que no caso
doutros cultivos, a elevada humidade que se está a rexistrar favorece a
aparición de síntomas de patóxenos. É moi
importante recordar que, no caso de aplicar un tratamento, debe respectarse
estritamente o prazo de seguridade do produto empregado antes de recoller a
froita.
|
DIVERSAS HORTÍCOLAS |
Mildeu e outros fungos
patóxenos: |
Ao pasar esta tempada de elevada
humidade e boa temperatura, é moi probable que empecen a aparecer
novamente síntomas destes fungos. Por iso é conveniente aplicar
un tratamento, tendo en conta que naquelas plantas onde se vaia proceder
á colleita é fundamental respectar o prazo de seguridade do/os
funxicida/s que se empregue/n.
|
PATACA |
Epitrix
similaris: |
Debido á presenza en Galicia da
pulguiña da pataca, e co fin de limitar no posible a
dispersión desta praga, é moi importante retirar da finca (e
destruír) os restos do cultivo. Para máis información
sobre este coleóptero, consulte a nosa ficha técnica
Nº54:
Epitrix similaris Gentner.
|
BUXO |
Cylindrocladium
buxicola: |
Novamente detectamos
síntomas da enfermidade nalgunhas sebes, sen dúbida ningunha
debido ás condicións húmidas que se rexistran.
Recoméndase aplicar un tratamento (consultar aos técnicos sobre o
tipo de produto a utilizar) unha vez cesen as chuvias.
|
|
|