|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
31/05/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
H (botóns florais separados)
- I (floración -inicio-) |
Mildeu: |
Volve a rexistrarse
nesta semana a situación observada na revisión anterior: dende a
ausencia total de síntomas mesmo nas plantas sen tratamento
(situación máis xeral no Condado, no Rosal e nalgunhas parcelas
do Salnés) ata a presenza de manchas esporuladas en varias follas nas
plantas control (sen tratamento) no Salnés. Tamén nos informaron
de que se observan manchas en parcelas tratadas da mesma comarca, pero en todos
os casos con baixa incidencia. As diferentes previsións
meteorolóxicas anuncian novamente certa inestabilidade de cara á
fin de semana aínda que, segundo as previsións, a posibilidade de
chuvias non será moi elevada (e mesmo poden non producirse) e deseguida
se recuperará unha situación estable. Aínda así, as
néboas que se rexistran localmente humedecen a vexetación durante
horas, e tamén a presenza de orballo é xeral, o que incrementa o
risco. Por este motivo, debe renovarse o tratamento naquelas parcelas nas
que se observan síntomas. Nas demais, debe manterse o máximo
nivel de vixilancia, mais tendo en conta que algunhas plantas xa están
en floración, posto que un fallo na protección durante este
momento pode comprometer o futuro da colleita.
|
Oídio: |
Nesta semana non vimos novos síntomas
mais que nas plantas onde xa se detectara a enfermidade. Aínda
así, as néboas que se rexistran localmente supoñen
condicións altamente favorables para o patóxeno. Por iso,
naquelas parcelas onde todos os anos se manifesta con certa agresividade
cómpre manter protexida a viña ao inicio da floración,
cuestión clave para limitar danos futuros.
|
Botrite: |
Na nosa parcela de
seguimento do Condado vimos dous acios, xa en plena floración ou
superándoa, cunha lixeira esporulación de Botrytis cinerea no
extremo, sobre os restos dos capuchóns florais. Xustifícase este
feito pola presenza de certo nivel de inóculo nas follas logo das
sarabias que no seu momento (fin de abril-inicio de maio) se rexistraron na
zona. Só se observou neses dous acios, polo que unicamente se
manterá a vixilancia á espera da súa evolución e
das condicións climáticas que se rexistren.
|
Black rot: |
Hemos observado
algunos cambios en cuanto a presencia de esta enfermedad en nuestra parcela de
seguimiento de O Condado: algunas hojas presentan ahora varias manchas, aunque
todas de reducido tamaño. Aun así, sabemos que la máxima
sensibilidad del racimo tendrá lugar en las dos semanas posteriores a la
plena floración, por lo que si en este período hay humedad en la
vegetación durante más de 8-10 horas, lo que no está
previsto a priori, podrá incrementarse el riesgo.
Para os tratamentos antimildeu ou antioídio que sexan
necesarios nas próximas semanas, preferiranse produtos que tamén
estean rexistrados no Ministerio para black rot
|
Couzas: |
Observamos un lixeiro incremento
na presenza de glomérulos (ata 2-3 por acio nalgún caso,
aínda que sen chegar ao 1% de acios afectados), pero en ningún
caso xustifica a aplicación dun tratamento.
Lembren que normalmente non é necesario tratar a primeira
xeración de couzas porque os seus danos son menores (serían como
moito unha especie de rareo) e ademais non hai relación directa entre a
contía desta xeración e as seguintes, que son as que
verdadeiramente poden producir danos.
|
Altica
quercetorum: |
Observamos un lixeiro incremento da actividade
larvaria na nosa parcela de seguimento do Condado, pero a súa incidencia
é baixa, insuficiente para xustificar un tratamento
insecticida.
|
Cicadélidos: |
Ata o de agora, as cifras de
capturas destes insectos son reducidas nas trampas instaladas nas nosas
parcelas de seguimento.
Nas últimas campañas algúns viticultores
incorporaron a loita fronte aos cicadélidos á súa
práctica habitual. Porén, é fundamental intervir fronte
a estes e outros insectos só se é realmente necesario, pois
na viña existe unha ampla diversidade de fauna útil que pode
verse comprometida con moitos dos insecticidas habitualmente empregados. Por
iso, o seguimento de poboacións mediante trampas, que é moi
sinxelo, é unha boa medida para optimizar o control
|
Ácaros: |
Continuamos sen
observar síntomas de ácaros (só puntualmente na parcela
abandonada citada en avisos anteriores) pero coa suba de temperaturas que
estamos a sufrir haberá que incrementar a vixilancia, pois son
condicións máis favorables ao seu
desenvolvemento.
E volvemos insistir en que é moi importante non aplicar
acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros, pois estes
animais teñen uns inimigos naturais, os ácaros útiles
fitoseidos, que contribúen a regular de forma natural as
poboacións fitófagas e que son moi sensibles aos acaricidas (e
tamén a algúns insecticidas e mesmo
funxicidas).
|
MACEIRA |
Moteado: |
As manchas procedentes da infección
primaria poden dar lugar a sucesivos ciclos de infeccións secundarias
ata o momento mesmo da colleita. Por iso, e debido a que os danos deste fungo
afectan non só á folla senón tamén ao froito,
é importante manter a protección fitosanitaria naquelas
plantacións especialmente sensibles en que non se efectúen
seguimentos específicos da enfermidade.
|
Oídio: |
Se persisten as
néboas que se están a rexistrar nalgunhas zonas, deberase
pór moita atención á aparición de novos gromos
afectados polo fungo.
|
Cydia
pomonella: |
Continúan a
ser bastante elevadas as capturas nas diversas trampas de feromonas. Nestes
casos é importante renovar unha vez máis a protección para
evitar danos ao froito.
Esta especie de couza afecta non só a maceira
senón tamén a pereira, marmeleiro ou mesmo nogueira. Os
seus danos poden ser moi importantes, de ata máis do 80% de froitos
atacados nalgunhas campañas e localizacións. Aliméntase
como sabemos da polpa (tamén das pebidas) dos froitos, e poden chegar a
causar a súa caída prematura e a facilitar a instalación
de fungos patóxenos no ámbito. Por este motivo é tan
importante a protección sistemática se hai antecedentes da praga
e se non se efectúa un seguimento mediante as trampas de feromonas
sexuais
|
Pulgóns: |
Coa
melloría do tempo nos últimos días, e o ascenso de
temperaturas asociado, poden aparecer novas colonias de pulgón. De
feito, observamos (e tamén estamos a recibir mostras) as primeiras de
pulgón verde (cuxos danos non adoitan ser graves a menos que se trate de
planta pequena) e novas de pulgón cincento. No caso desta última
especie é moi importante o seguimento das colonias, posto que se trata
dun pulgón que pode deformar gravemente os froitos.
|
VARIOS
CULTIVOS |
Pulgóns e outros
insectos chupadores (moscas blancas, etc.): |
Co ascenso
térmico que se está a rexistrar haberá que poñer
atención ás proliferacións destes insectos, e tratar en
caso necesario para evitar danos futuros.
|
|