|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
30/08/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
M (virado) - N
(maduración) |
Nesta semana entramos xa en setembro e polo tanto vaise
aproximando a vendima. Así, a meirande parte das grandes bodegas xa
fixaron o día de mañá 31 como data límite para
realizar os tratamentos fitosanitarios. Sen embargo, nesta campaña
é probable que a vendima se retrase ata a derradeira semana do mes, e
mesmo nalgunhas zonas ata os primeiros días de outubro. Por isto,
aqueles viticultores que non estean adheridos ás bodegas non deben
descartar a posibilidade de ter que realizar aínda algún
tratamento a semana próxima, mais tendo en conta a elevada humidade
que se está a rexistrar.
Nas nosas parcelas de seguimento volvemos recoller mostras de
uvas para comprobar o grao alcohólico. Nesta semana os
valores obtidos foron os seguintes:
Comarca do Salnés:
Tremoedo: 7.81º; A Modia: 8.26º; Castrelo: 8.59º
Comarca do Rosal: Carregal: 8.69º; Eiras: 7.11º
Comarca do Condado: Vide: 8.01º; Albeos: 9º
|
Mildeu: |
Mantense
a situación referida a semana anterior: abundantes manchas nos gromos
terminais de todas as parcelas, en especial nas plantas sen tratamentos. A
humidade relativa tan elevada destes días (medias de 75-80%), as
temperaturas mornas (nocturnas arredor de 12-15ºC) e o abundante orballo
(con ata 15 horas de humidade foliar nun día) xeran a
proliferación de síntomas. A previsión
meteorolóxica anuncia tempo cálido e seco para os vindeiros
días, pero con toda seguridade manterase a humidade nocturna, polo que
naquelas parcelas nas que a presenza de manchas pode levar a unha
defoliación das plantas, aínda é conveniente aplicar un
tratamento.
Lembren tamén que onde o desenvolvemento dos gromos
terminais sexa moi elevado, pode reducirse a infección eliminando o
exceso de vexetación
|
Oídio: |
Nesta
semana xa non observamos novos síntomas, polo que non é
necesario tratar.
|
Botrite: |
Malia a elevada humidade que se está a rexistrar, nesta
semana apenas notamos variación no tocante á presenza de
frutificación deste fungo nas nosas parcelas de seguimento. Recorden que
nos tratamentos estándar para condicións ambientais
favorables, o derradeiro tratamento recomendase para 21 días antes da
vendima, polo que este ano aínda pode ser necesaria unha
intervención na vindeira semana para manter as uvas protexidas ata ese
momento, tendo en conta ademais que entre os produtos rexistrados polo
Ministerio existen algúns con prazos de seguridade de só 15
días. No caso de depender dalgunha adega, deberán axustarse
ás restricións que fixan neste sentido.
No caso de aplicar un tratamento, debe RESPETARSE
ESCRUPULOSAMENTE O PRAZO DE SEGURIDADE DO FUNXICIDA. Teñan en conta
que no Rexistro do Ministerio hai produtos de ata 35 días de prazo de
seguridade
|
Couzas: |
A
máxima cifra de capturas de adultos de Lobesia botrana nas
trampas ao longo desta semana foi de 5 machos na parcela de A Modia. E unha vez
máis non observamos postas, aínda que si, moi esporadicamente,
algunha penetración larval.
|
Cicadélidos: |
Volvemos
ter capturas de adultos de Scaphoideus titanus nas dúas
parcelas do Condado. As cifras en todo caso son moi baixas, ao non superar os
10 individuos en conxunto. Analizaranse estes insectos para determinar se son
portadores do fitoplasma causante da flavescencia dourada (nos analizados ata o
momento non se atopou). No tocante ás demais especies de
cicadélidos, nesta semana apenas se incrementaron.
|
Altica: |
Continúa
a ser puntual a presenza de larvas deste crisomélido na nosa parcela de
seguimento do Condado.
|
Ácaros: |
Non observamos novos síntomas nin
detectamos presenza de acariose en ningunha das nosas parcelas de seguimento.
Si advertimos nesta semana, concretamente nunha finca abandonada,
poboacións incipientes da araña vermella Panonychus
ulmi.
|
Outros: |
Na nosa parcela de seguimento do Condado
atopamos unha planta con poboacións incipientes da cochinilla algodoeira
ou melazo Planococcus citri, aínda que polo momento a súa
presenza non reviste importancia.
Planococcus citri é unha especie de
cochinilla moi polífaga que ataca sobre todo a cítricos e
viña, pero tamén a diferentes especies ornamentais leñosas
(adelfa por exemplo) ou herbáceas (xeranio). Na vide pode atacar a todos
os órganos aéreos da planta. Os insectos fíxanse na
madeira, nas follas ou nos acios e os seus danos relaciónanse coa
succión de zume e a instalación de fungos de fumaxina sobre a
melaza que segregan
|
MACEIRA |
Moteado: |
Malia que a colleita deste ano non é
importante en xeral, é conveniente manter a protección das
plantas baixo estas condicións de elevada humidade. No caso de aplicar
un tratamento, débese prestar atención ao prazo de seguridade do
funxicida que se utilice.
|
Cydia
pomonella: |
Tampouco nesta semana se acadou o limiar de tolerancia en
ningunha das nosas parcelas de seguimento.
|
Araña vermella
(Panonychus ulmi): |
Naquelas plantacións nas
que se observen claros síntomas do ataque deste ácaro, debe
prestarse moita atención ao prazo de seguridade do acaricida que se
empregue no caso de que se efectúe unha intervención.
|
|