|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
24/05/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
H (botóns florais separados)
- I (floración -inicio, nas zonas
máis adiantadas-) |
Mildeu: |
Esta semana a
situación xeral que atopamos nas nosas parcelas é diferente, e do
mesmo nos informaron outros técnicos e viticultores: mentres
nalgúns sitios non se observa ningunha mancha, noutras parcelas (todas
elas sen tratamento dende a detección da enfermidade) si atopamos
algunha mancha incipiente, a maioría con esporulación. A mesma
variabilidade se observou nas plantas control sen tratamentos, pois algunhas
non presentaban síntomas e noutras había manchas con abundante
esporulación e tamén os primeiros danos no acio. A
climatoloxía dos últimos días (precipitacións
alternando con períodos de sol e temperaturas suaves en xeral) foi
bastante favorable ao desenvolvemento do mildeu e houbo condicións de
esporulación; tamén as previsións anuncian certa
inestabilidade cara o fin de semana, co que se aconsella renovar a
protección se é necesario por presenza de
síntomas.
* Nas comarcas do Condado (e tamén no Rosal) algunhas
plantas de albariño xa están a iniciar a floración; por
iso recoméndase neste momento a aplicación dun funxicida
sistémico, pois o seu período de protección é
maior. * No caso de que non se detecten síntomas e/ou no que as
plantas aínda estean protexidas por unha intervención anterior,
pódese atrasar uns días o tratamento agardando a que case chegue
a floración para que a viña estea protexida por mais tempo neste
estado.
|
Oídio: |
Atopamos os primeiros
síntomas en plantas dunha variedade tinta sensible á
enfermidade. En albariño aínda non os vimos, pero aínda
así, se non se efectúan revisións para a detección
dos primeiros síntomas, o principio da floración é
un bo momento para iniciar a protección antioídio e deste xeito
evitar danos futuros¸ especialmente naqueles predios onde todos
os anos se manifesta a enfermidade.
|
Botrite: |
Xa non se observa a
frutificación do fungo nas follas daquelas parcelas nas que se
detectara, nin tampouco síntomas en acio.
|
Black rot: |
Na nosa parcela de
seguimento do Condado incrementouse a presenza de follas afectadas pola
enfermidade, e da mesma circunstancia nos informaron algúns
técnicos da zona. Polo momento non se atoparon síntomas no acio,
cuxa máxima sensibilidade, recordamos, ten lugar entre plena
floración e de 6 a 7 semanas despois (e máis especialmente nas
dúas semanas posteriores á plena floración). En
consecuencia, onde se dea esta circunstancia, débense realizar as
intervencións antimildeu con funxicidas que tamén teñan
efecto fronte a esta enfermidade. Para máis información,
consulte a nosa ficha técnica
Nº52:
Guignardia_bidwelii (Ellis) Viala & Ravaz. Black Rot (podremia da
vide)
|
Couzas: |
En xeral, esta semana as capturas
de Lobesia botrana foron baixas nas trampas instaladas nas nosas
parcelas de seguimento. Non obstante, vimos os dous primeiros acios con
glomérulos (iniciándose) na nosa parcela do Condado, o
primeiro nunha planta que xa presentaba floración e o segundo nunha onde
aínda non se producira. En calquera caso, en xeral NON é
necesario tratar esta primeira xeración de couzas.
|
Altica
quercetorum: |
Vimos máis adultos, e tamén
postas e larvas dos primeiros estadíos, na nosa parcela de seguimento do
Condado. Tamén un técnico da zona nos informou da mesma
situación. En calquera caso, polo momento non é necesario tratar.
Para máis información sobre esta praga, consulte a nosa
Nº53
Altica quercetorum Foudras.
|
Ácaros: |
Non vimos máis
síntomas nas plantas na finca abandonada do Salnés onde a semana
pasada detectaramos a presenza de acariose. Polo tanto, de momento
aconséllase continuar a vixilancia.
Como referimos todos os anos, é moi importante non
aplicar acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros, pois
estes animais teñen uns inimigos naturais, os ácaros
útiles fitoseidos, que contribúen a regular de forma natural as
poboacións fitófagas e que son moi sensibles aos acaricidas (e
tamén a algúns insecticidas e mesmo
funxicidas).
|
MACEIRA |
Moteado: |
En diversas comarcas, e sobre diferentes
variedades, atópanse síntomas da enfermidade, situación
favorecida sen dúbida pola elevada humidade relativa que se rexistra nas
horas nocturnas e primeiras horas da mañá. Polo tanto,
aconséllase non descoidar a protección das plantas.
|
Oídio: |
Nas nosas parcelas de
seguimento non apareceron novos síntomas logo dos tratamentos
realizados. Manter a vixilancia.
|
Cydia
pomonella: |
Continúan a ser
bastante elevadas as capturas en diversas trampas de feromonas. Nestes casos
é importante renovar unha vez máis a protección para
evitar danos ao froito.
|
KIWI |
Bacteriose: |
Aínda que xa se observa
algunha flor aberta AÍNDA PODE REALIZARSE o tratamento recomendado
nos últimos dous avisos cos funxicidas rexistrados para este
fin.
O Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recolle:
oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%, óxido cuproso 80% e sulfato
tribásico de cobre 19%. |
MELOCOTOEIRO |
Lepra: |
Estamos a recibir numerosas
consultas, e tamén algunhas mostras, sobre esta enfermidade do
melocotoeiro. O tratamento máis eficaz é aquel que se aplica
antes da apertura da flor (no estado de botón rosa). Dende este momento,
pode limitarse o avance do fungo aplicando ziram 76% (o único
funxicida rexistrado para este uso en España).
"Ziram" é unha materia activa de contacto, polo que hai
que renovar as aplicacións sempre que se produza unha chuvia de lavado
(superior a 10 mm) |
CAMELIA
|
Pulgóns: |
En varios xardíns
obsérvanse gromos tenros con colonias do pulgón Toxoptera
aurantii. Nestes casos aconséllase aplicar un tratamento para evitar
o dano estético que xeran e a súa dispersión a outras
plantas.
|
|
|
|