|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
16/08/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
[L (peche do acio)] - M (inicio
do envero) |
Mildiu: |
Nesta semana só volvemos ver
síntomas recentes nas plantas sen tratamentos, e só algunha
mancha moi puntual en planta tratada nalgunhas fincas, sempre sobre follas
tenras.En xeral, as viñas están a entrar no envero,
momento a partir do cal non haberá danos debidos a este fungo sobre a
uva. Non obstante, aínda non se acadou na súa totalidade, e hai
condicións climáticas favorables ao fungo (temperaturas nocturnas
que roldan os 15-18ºC, diúrnas altas, chuvia, humidade elevada).
Por este motivo, naquelas fincas onde estea próximo a concluír
o período de protección do tratamento anterior,
aconséllase renovar a intervención para protexer os acios
aínda non enverados.
Segundo as diferentes previsións meteorolóxicas, a
tendencia para os próximos días é cara a unha
estabilización do tempo. Así e todo, logo das chuvias do 12 ao 14
agárdase a aparición de novas manchas entre mañá
día 17 e o 20, e como dixemos na maioría das fincas aínda
pode producirse algún dano na uva.
|
Oídio: |
Só vimos algún gran
esporádico con oídio nas plantas sen tratamento, e tamén
algunhas follas afectadas nas mesmas plantas. Ao igual que o mildeu, dende o
envero o fungo non afecta á uva, e ademais as precipitacións
fortes que se produciron (ata preto de 40 L/m2 na estación das Eiras,
por exemplo) son desfavorables á instalación do fungo, polo que
non é necesario tratar.
|
Botrite: |
As precipitacións intensas
que se produciron, e os refachos de vento rexistrados puideron romper
algúns grans, especialmente nas variedades de pel máis fina e
nos acios expostos. De feito, xa nalgunhas destas variedades se vían
algúns grans rachados (normalmente por oídio) ou con danos por
paxaros. Como sempre insistimos, as feridas nas uvas favorecen a
instalación de botrite, polo que se non se efectuou o tratamento
recomendado na semana anterior (ao inicio do envero) nas variedades sensibles,
agora si debe aplicarse. A mesma recomendación é aplicable a
aqueles viñedos nos que se teñan producido danos ou roturas
debidas á climatoloxía destes días pasados.
As
intervencións neste caso poden dirixirse exclusivamente aos
acios
|
Couzas: |
Nesta
semana non tivemos ningunha captura nas trampas, e tampouco vimos
síntoma ningún da actividade dos adultos (postas) ou das larvas
(penetracións). Logo de consultar con outros técnicos, estes
referíronnos situacións similares, polo que parece responder
á xeneralidade. Consecuentemente, non é necesario tratar.
Malia ao recomendado, débese manter a vixilancia, posto
que nos últimos anos a terceira xeración de Lobesia
produciu algúns danos en certas fincas.
|
Cicadélidos: |
Recollemos nesta
semana os primeiros 4 adultos de Scaphoideus titanus nas trampas
que temos instaladas nunha parcela do Condado. Non obstante, non se atoparon
síntomas da enfermidade da flavescencia dourada, de cuxo fitoplasma
causante é vector o insecto, pero estamos a analizar os adultos
recollidos por se o portasen. Para máis información, consulte a
nosa ficha técnica n.º 61, "Scaphoideus titanus
Ball. Cicadela blanca de la vid".. No tocante aos demais
cicadélidos da vide, só en dúas fincas notamos un
incremento no número de capturas, uns 50 adultos por trampa, moi lonxe
polo tanto do limiar de 250 insectos que xustificaría un tratamento.
Non é necesario tratar.
|
Ácaros: |
As poboacións
de acariose detectadas nunha das nosas parcelas de seguimento (a do Rosal)
mantivéronse restrinxidas á planta onde se tiñan
detectado, mentres que na de Castrelo alcanzaron outras plantas, polo que neste
caso vaise aplicar un tratamento no foco afectado. Non obstante, nas demais
parcelas continúan sen aparecer ácaros, nin tampouco nas mostras
recibidas na Estación, polo que en xeral non é necesario
tratar.
Ao principio do seu ataque, os síntomas causados por
ácaros praga poden confundirse con outras alteracións. Só
a cor bronceada da vexetación é síntoma claro da
súa presenza
|
MACEIRA |
Moteado: |
Vimos nunha das nosas parcelas de seguimento
novos síntomas na folla e tamén nalgún froito. Ademais, as
precipitacións que se produciron nestes días pasados, unidos
ás temperaturas suaves que se están a rexistrar, favorecen as
infeccións, polo que se recomenda aplicar un tratamento.
Nas variedades de recolección máis temperá
débese poñer atención ao prazo de seguridade do funxicida
que se vai utilizar
|
Cydia
pomonella: |
Unha semana
máis volveu acadarse o limiar de tolerancia nunha das parcelas da nosa
rede, pero non nas restantes, o que alude a que as poboacións da praga
poden ser diferentes entre fincas, mesmo da mesma comarca. Por este motivo
mantense a recomendación da semana anterior: manter a
protección en caso de non efectuar seguimentos específicos da
praga e instalar bandas-trampa para a captura de larvas invernantes (ver aviso de data 2 de agosto).
Lembren que esta praga non só ataca á maceira,
senón tamén a outras froiteiras: pereira, marmeleiro,
nogueira
|
Araña vermella
(Panonychus ulmi): |
Non se observaron
novas poboacións deste ácaro nas nosas parcelas de seguimento. No
caso de que puntualmente existan danos e a colleita estea próxima,
aconséllase non tratar, pero si facelo despois da recolección,
pois é conveniente reducir as poboacións para diminuír o
nivel de femias que depositan ovos invernantes.
|
MARMELEIRO |
Entomosporium
maculatum: |
Unha vez
máis apareceron novos síntomas desta enfermidade como
consecuencia da elevada humidade que se está a rexistrar. Cómpre
aplicar un tratamento, posto que este patóxeno pode provocar a
caída prematura das follas, o que impediría a maduración
dos froitos.
|
VARIAS
FROITEIRAS |
Monilia,
botrite: |
Logo das chuvias
aparecerán sen dúbida froitos afectados por estes fungos.
Lémbrase que é conveniente eliminar a froita afectada (e
tamén a caída ao chan) para evitar danos á que está
en maduración e así reducir o inóculo para o ano
próximo.
|
Moscas dos
froitos: |
En diversas
froiteiras, sobre todo de óso por estar en plena fase de
maduración/recolección, ou tamén nos figos, se
están a observar froitos caídos ao chan ou en fase de podremia
nas árbores. Ademais de para evitar a instalación sobre eles de
certos fungos oportunistas (favorecidos pola calor e as chuvias ou orballos),
é moi importante eliminalos co fin de evitar o desenvolvemento de certos
dípteros (moscas) que cada ano son máis frecuentes na nosa zona e
que poden chegar a afectar aos froitos sans que están a madurar.
A meirande parte destas moscas só afectan aos froitos en
maduración. As femias realizan a posta perforando a pel, e dela nacen
pequenas larvas brancas que se alimentan da polpa e a van
destruíndo
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Nesta semana non
capturamos ningún adulto na trampa que temos instalada para
coñecer o voo deste defoliador.
|
BUXO |
Cylindrocladium
buxicola: |
Volvemos observar
síntomas da enfermidade nalgunhas sebes, sen dúbida algunha
debido á humidade destes días. Recoméndase aplicar
novamente un tratamento para evitar a potencial defoliación das plantas.
|
PLÁTANO DE SOMBRA |
Oidio: |
As árbores de
moitos parques e paseos da provincia mostran fortes síntomas de
oídio, sobre todo nas follas terminais.
|
Tigre do plátano
(Corythuca ciliata): |
Cada vez son máis evidentes
os síntomas debidos ao ataque deste insecto, para cuxo control o
Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recomenda alfa cipermetrin
10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC]
P/V.
|
|