|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
07/06/2012
VIÑA Estado fenolóxico:
I (floración) |
Mildeu: |
Fronte ao anunciado
días atrás polas diferentes previsións
meteorolóxicas, finalmente a floración se está a
desenvolver baixo condicións de inestabilidade climática que
favorecen ao mildeu, pois se están a dar repetidamente condicións
de infección e de esporulación. Esta situación ten o seu
reflexo no campo, e así comprobámolo na visita ás parcelas
de seguimento da nosa rede e a outras nas diferentes comarcas
vitivinícolas: en practicamente todos as fincas se ve algunha mancha de
aceite con esporulación. Nas plantas sen tratamento atópanse
numerosas manchas recentes, todas elas ben esporuladas; nas tratadas, só
aparecen manchas esporádicas, aínda que nos informaron de que
nalgunhas fincas son máis abundantes. A curto e medio prazo, en
principio agárdase unha probabilidade relativamente alta de
precipitacións debida aos ventos do oeste, alternando con algúns
períodos sen chuvia. Esta situación favorece ao patóxeno,
polo que cómpre manter a máxima vixilancia (nos últimos
días en case todas as parcelas fixéronse os tratamentos
pertinentes) e, se se observan novos síntomas ou se nas manchas
antigas hai zona de avance, hai que renovar a aplicación mesmo
aínda que estea a desenvolverse a floración.
Lembren que neste momento cómpre aplicar produtos
sistémicos ou penetrantes, que non se lavan (así como algunhas
das novas materias activas de "fixación ás ceras cuticulares") se
transcorre unha hora sen precipitación logo da aplicación.
|
Oídio: |
Vimos os primeiros
síntomas na variedade albariño sobre plantas que se
manteñen sen tratamentos na campaña. De forma illada,
tamén apareceron novos síntomas nas plantas da variedade tinta
onde os detectaramos anteriormente. Aínda estando en
floración, se se observan síntomas e estes están
confirmados cómpre tratar. Nos demais casos, manter a vixilancia, e
tratar cun antioídio se neste período se renova a
protección fronte ao mildeu.
|
Botrite: |
A coincidencia da
floración con chuvias favorecerá sen dúbida a
aparición de síntomas do patóxeno unha vez que se vaian
desprendendo os capuchóns florais e estes queden sobre os acios. O risco
será maior naquelas zonas nas que xa hai presenza do fungo debido
ás feridas producidas polas sarabias, e en variedades especialmente
sensibles. Polo tanto, haberá que estar moi alerta, e de manterse as
condicións de humidade, será moi aconsellable aplicar un
tratamento ao final da floración para evitar danos.
Precisamente o momento "caída de capuchóns
florais-callado" é un dos períodos nos que se recomenda tratar
fronte a esta enfermidade se non se fai un seguimento específico por ser
un estado sensible. En condicións de tempo seco e estable, non
aconsellariamos esta aplicación pero, sempre segundo as
previsións meteorolóxicas, o tempo húmido manterase nos
próximos días.
|
Black rot: |
As mesmas condicións
húmidas que favorecen ao mildeu ou á podremia gris resultan
beneficiosas para este patóxeno, que está a aparecer en varias
comarcas da provincia, cunha intensidade diferente pero quizais máis que
nas campañas anteriores. Consecuentemente, e tendo en conta que en breve
entraremos no momento máis sensible do acio, mantemos a
recomendación do aviso anterior: calquera tratamento antimildeu ou
antioídio que se realice nas vindeiras dous-tres semanas, deberá
realizarse con funxicidas que tamén estean rexistrados no Ministerio
para black rot.
As chuvias en combinación con temperaturas elevadas son
altamente favorables. Segundo as previsións, aínda que se
produzan precipitacións, a temperatura manterase suave, co que o nivel
de risco é alto.
|
Couzas: |
Nesta semana a presenza de
glomérulos mantívose en niveis similares aos observados na
revisión anterior. Tamén as capturas de machos de Lobesia
botrana nas trampas continúan a ser reducidas.
|
Altica
quercetorum: |
Nesta semana
mantivéronse os síntomas detectados a semana anterior en niveis
similares.
|
Cicadélidos: |
Seguen
a ser moi baixas as capturas nas trampas: o normal é que se
sitúen entre 1 e 8 adultos por trampa e semana, aínda que nunha
das nosas parcelas de seguimento recollemos preto da vinte. Na mesma parcela
vimos tamén a primeira larva nunha folla.
|
Ácaros: |
Continuamos sen
observar novos síntomas de ácaros. Tampouco recibimos mostras na
Estación con presenza destes artrópodos ou dos seus
síntomas. Non é necesario tratar.
|
Outros: enfermidades da
madeira: |
Nalgunhas parcelas
empézase a observar a presenza de escaso desenvolvemento da
vexetación, e mesmo secado de parte dela, nalgúns brazos. Esta
sintomatoloxía apunta a que se trata dunha enfermidade da madeira; no
caso de que o síntoma estea restrinxido, pode podarse logo da
floración (e en tempo seco) o brazo afectado, desinfectando moi ben a
tesoira e aplicando un funxicida sobre o corte. Se non é así,
aconséllase que xa se proceda ao marcado das plantas pensando en telas
ben identificadas de cara ao seu diferente no tempo de poda.
|
MACEIRA |
Moteado: |
A elevada humidade que se
rexistra debido ás precipitacións, e as temperaturas suaves que
se están a dar, son condicións favorables ao fungo que
obrigarán a renovar a protección tan pronto o tempo se
estabilice. De feito, xa vimos novos síntomas nalgunhas
zonas.
|
Oídio: |
Continúan
a aparecer novos síntomas do fungo en varios gromos, polo que se
aconsella tratar cando mellore a climatoloxía.
|
Cydia
pomonella: |
Unha vez
máis, volve superarse o limiar de tolerancia por número de
capturas de machos nas trampas de feromona. Cómpre
tratar.
|
BUXO |
Cylindrocladium
buxicola: |
A elevada humidade
que se está a rexistrar está a provocar a aparición de
novos síntomas da enfermidade nalgunhas sebes. Recoméndase
aplicar un tratamento (consultar aos técnicos sobre o tipo de produto a
utilizar) unha vez cesen as chuvias.
Cylindrocladium buxicola é un fungo que
ataca especialmente a Buxus sempervirens cv. Suffruticosa, e que neste
inverno pasado afectou gravemente a moitas sebes desta especie en Galicia.
Lembren que é un patóxeno foliar que pode levar á
defoliación case total das plantas (antes, aparecen manchas de cor
aceitosa nas follas, así como liñas negras lonxitudinais nos
talos). O problema que presenta, ademais, é que na actualidade non se
coñecen funxicidas realmente eficaces para o seu control (estanse a
realizar ensaios), aínda que é fundamental eliminar as follas
secas, favorecer a aireación das plantas e, no caso de realizar regas,
utilizar goteo en lugar de aspersión.
|
|