|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias
froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras
de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Castiñeiro e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas
ornamentais e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Plantas ornamentais e
Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,
Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de
óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e
Salgueiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Buxo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos
hortícolas |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Cultivos hortícolas
en xeral |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e
Cultivos hortícolas en xeral |
|
|
|
Varios Cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro,
Pexegueiro e Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi e
Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e
Eucalipto |
|
|
|
Eucalipto |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Buxo, Cítricos, Froiteiras e
Viña |
|
|
|
|
RESUMO FITOSANITARIO DA
CAMPAÑA 2012. VIÑEDO
13/09/2012
MILDEU |
A
maduración da oospora tivo lugar entre o 20 e o 21 de marzo,
cando a viña se atopaba entre os estados fenolóxicos D (follas
incipientes) e E (follas estendidas).
O 10 de abril comezaron a cumprirse nalgunhas
zonas as condicións para que a contaminación primaria (10º C
de temperatura, 10 mm de choiva, 10 cm de desenvolvemento do gromo), o que
parecía augurar unha aparición precoz dos primeiros
síntomas da enfermidade. Non obstante, o mes de abril foi especialmente
chuvioso (ao redor de 200 mm de choiva) e as temperaturas foron relativamente
baixas, co que o ciclo da enfermidade sufriu un atraso, así como o
desenvolvemento das plantas. Con esta situación, a primeira mancha
apareceu entre o 3 e o 17 de maio segundo as zonas, coas plantas entre os
estados H (botóns florais separados) e G (acios separados).
A elevada sensibilidade do
viñedo nese momento, unido á concorrencia de diferentes
períodos con condicións de infección, obrigou a renovar os
tratamentos antes da floración (finais de maio). Xa na floración
(que se iniciou en torno aos primeiros días de abril) as
condicións climáticas foron moi favorables ao patóxeno, o
que provocou importantes perdas nalgunhas parcelas que xa foran tratadas
sistematicamente, por calendario. Tamén as choivas na floración
foron a orixe de corrementos máis ou menos importantes no acio.
Ao final da floración (mediados de abril), aínda que
seguiu a haber repetidamente condicións favorables, estas non tiveron un
reflexo evidente no campo, nin sequera nas plantas control que non
recibían tratamentos, co que a agresividade que demostrou o fungo apenas
unha semana antes se viu atenuada. Continuou durante xuño a
reiteración de condicións favorables, aínda que xa coa uva
callada e achegándose a tamaño chícharo, case non se
observaron síntomas nos acios. Durante practicamente todo xullo, xa co
acio próximo a pecharse ou pechado, continuaron a rexistrarse de forma
recorrente condicións favorables, de xeito que na folla se observaron
novos focos de infección, aínda que no acio a situación
era máis estable.
Na primeira quincena de agosto, mesmo
existindo días con condicións favorables, case non se observaron
síntomas nas plantas control, e xa na segunda quincena se acadou o
virado, co que os seguintes ataques do fungo afectaron unicamente á
vexetación, aínda que ata agora sen unha elevada incidencia.
Deste xeito, debido á inestabilidade climática
rexistrada nesta campaña, os tratamentos deberon ser reiterados.
Algúns viticultores chegaron a realizar ata 18 intervencións
antimildeu, e a media situouse en 15-16. Os tratamentos realizados por
nós segundo a técnica de loita oportuna adaptada, que se
fundamenta en comprobar cómo as condicións favorables ás
infeccións afectan á aparición de síntomas, foron
9-10 segundo as fincas. No tocante ás perdas de colleita, os casos
máis extremos falan de ata máis dun 60% de colleita perdida por
mor da mera, aínda que o normal é que non se chegue ao 5%, o cal
foi tamén o valor máximo de perdas nas parcelas sometidas
á nosa técnica.
|
OÍDIO |
Se durante a
campaña 2011 o oídio tivo unha presenza elevada na nosa zona, en
2012 case non causou problemas. Os primeiros síntomas
detectáronse nunha variedade tinta na última semana de maio, coa
uva entre "botóns florais separados" e floración. En
albariño os primeiros signos da presenza do patóxeno
observáronse na primeira semana de xuño aínda que sen
apenas incidencia. Os tratamentos efectuados lograron conter ben o avance da
enfermidade e non foi ata principios de xullo cando apareceron ataques moi
lixeiros no acio, sobre todo nas plantas control. Cara a finais do mesmo mes
volveron manifestarse síntomas no acio, coa uva en "grans tamaño
chícharo", aínda que tamén esporadicamente. En agosto,
aínda existindo períodos favorables ás infeccións
(néboas localmente persistentes), non se observaron danos. Coa
situación que acabamos de referir, este ano foi posible controlar a
enfermidade con só dous ou tres aplicacións segundo as
fincas.
|
BOTRITE |
O 14 de abril
producíronse ventos e/ou sarabias nalgunhas zonas nas que se aconsellou
a aplicación dun funxicida preventivo. Nos primeiros días de
maio, cos viñedos en pre-floración, apareceron os primeiros
síntomas na folla. A permanencia de condicións húmidas
durante este período fixo recomendable unha nova aplicación
preventiva, sobre todo nas variedades sensibles, e o mesmo sucedeu
inmediatamente despois da floración debido á persistencia das
choivas (aínda que finalmente non se observaron danos ao inicio do
callado). Durante todo o mes de xullo non se observaron síntomas, e cara
á metade de agosto, debido á presenza reiterada de choivas
incluso intensas, recomendouse unha nova aplicación só nas
variedades sensibles. A mesma recorrencia de condicións favorables
(humidade durante varias horas e temperaturas elevadas), aconsellaron un
último tratamento nas variedades de maior sensibilidade.
Os
tratamentos foron recomendados por precaución debido ás
condicións especialmente húmidas do ano. Non obstante, debido a
que en xeral non se observaron feridas na uva a consecuencia das trazas ou
doutras causas, finalmente non houbo danos.
|
BLACK-ROT |
Na terceira semana de
maio aparecen os primeiros síntomas no Condado debido ás
condicións tan húmidas da primavera. Co paso do tempo e a
permanencia das mesmas condicións, as manchas vanse estendendo na
superficie foliar pero sen afectar aos acios. A principios de xuño
obsérvanse síntomas do patóxeno en plantas doutras
comarcas, sen afectar nunca aos acios. Non é ata os primeiros
días de xullo cando aparecen algúns síntomas no acio, iso
si moi esporádicos, que en xeral se mantiveron estables. Con esta
situación, aínda que nun primeiro momento se pensou que
podería haber perdas debidas á presenza deste fungo, finalmente
non se produciron, xa que unha elección máis razoada dos
tratamentos antimildeu ou antioídio (con efecto paralelo fronte a este
outro patóxeno) logrou evitalas.
|
PATOLOXÍAS DA
MADEIRA |
Xa no mes de
xuño empezaron a observarse parcelas con plantas afectadas por este tipo
de alteración. Esta sintomatoloxía fíxose máis
evidente a principios de xullo, tras unha suba notoria das temperaturas, e
continuou avanzando durante todo o mes de agosto. En xeral, neste ano
observouse un incremento na presenza de síntomas causados por estas
enfermidades. E, debido á súa relación directa
coas podas, é moi importante marcar as plantas afectadas para podalas
separadamente no seu momento.
|
COUZAS DO
ACIO |
En xeral, as
capturas nas trampas de feromona foron baixas este ano, tanto de Lobesia
botrana, a especie máis abundante, coma de Eupoecilia
ambigüella, da que unicamente recollemos 3 machos na primeira semana
de xullo. Os primeiros glomérulos observáronse, aínda que
moi puntualmente, co inicio da floración (finais de maio). A primeira
penetración larval non foi vista na mostraxe dos acios ata a primeira
semana de xullo, e en xeral nunca ao longo de toda a campaña houbo unha
elevada presenza de praga. Por este motivo, en xeral non foi necesario
aplicar ningún tratamento.
|
CICADÉLIDOS |
Na xeneralidade
de parcelas, a presenza de cicadélidos foi relativamente baixa nesta
campaña. Recolléronse en conxunto máis exemplares de
Zygina rhamni (especie menos nociva) que de Empoasca vitis. Houbo
en diferentes momentos certos incrementos no número de capturas, pero
sen chegar a cifras próximas ao limiar de tolerancia. Finalmente, os
primeiros exemplares da cicadela branca da vide, Scaphoideus titanus,
capturáronse na terceira semana de agosto, e seguiron
capturándose durante todo o mes en cifras moi baixas. Non foi
necesario aplicar ningún tratamento en toda a
campaña.
|
ÁCAROS |
Sen dúbida
algunha esta foi unha campaña caracterizada pola práctica
ausencia de poboacións de ácaros, segundo o observado nas nosas
parcelas de seguimento e de acordo co determinado nas mostras que recibimos na
EFA. Só puntualmente se observaron focos moi localizados de acarioses.
Tampouco foi necesario aplicar tratamentos acaricidas nesta
campaña.
|
|
|